InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames organiza o seu primeiro Cros, que será tamén...

O Concello de Ames organiza o seu primeiro Cros, que será tamén o Campionato Galego de Campo a Través por Remudas Mixtas

A proba celebrarase en Aldea Nova o 12 de outubro e contará con categorías populares e federadas

Publicado o

Xornal de Compostela

O vindeiro 12 de outubro, a localidade de Aldea Nova, en Ames, será o escenario da primeira edición do Cros Concello de Ames, que á súa vez será o Campionato Galego de Campo a Través Absoluto por Remudas Mixtas. O evento, organizado polo Concello de Ames en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, acollerá atletas federados e non federados, e contará con probas para todas as idades.

Durante a presentación do evento, o alcalde de Ames, Blas García, destacou que o cros cumpre co obxectivo de “dispoñer dun circuíto de cross no concello”, sinalando que a súa ubicación en Aldea Nova, preto de Bertamiráns, permite contar cun espazo amplo e accesible. Engadiu que o concello continúa a apostar polo deporte creando novas probas e circuítos.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, explicou que esta primeira edición permitirá tanto aos veciños como aos atletas federados participar, agardando unha alta participación e boas condicións climatolóxicas. O presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, resaltou a importancia do evento, especialmente o Campionato Galego de Remudas Mixtas, que contará cunha maior participación e nivel que en edicións anteriores.

As probas escolares, dirixidas a categorías de sub10 a sub18, comezarán ás 11:00 horas, mentres que a proba de remudas mixtas terá lugar ao final da xornada. As inscricións para o campionato están abertas ata o 7 de outubro para equipos federados, e ata o 9 de outubro para as categorías populares.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here