InicioSANTIAGOAMESAmes convoca un novo curso de lingua de signos para a mocidade

Ames convoca un novo curso de lingua de signos para a mocidade

A formación de nivel A1.2 celebrarase en outubro e novembro na Casa da Cultura do Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

A Concellería de Mocidade de Ames lanzou un novo curso de lingua de signos (LSE) destinado á poboación moza do concello, no marco do programa formativo Lidera2. A formación, que se impartirá durante os meses de outubro e novembro na Casa da Cultura do Milladoiro, está dirixida a mozos e mozas entre 16 e 35 anos que xa posúan o nivel A1.1 de LSE e desexen continuar co nivel A1.2.

As clases terán lugar os días 4, 11, 18 e 25 de outubro, e 7, 14, 21, 26 e 28 de novembro, en horario de 16:30 a 19:30 horas, sumando un total de 30 horas lectivas. A formación seguirá o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), consolidando as competencias viso-xestuais adquiridas previamente.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 17 e o 22 de setembro. As persoas interesadas deben enviar a ficha de inscrición ao correo xuventude@concellodeames.gal. Hai 20 prazas dispoñibles, que se asignarán por orde de chegada das solicitudes. Se non se completan as prazas, poderá ampliarse a participación a maiores de idade empadroados en Ames.

ÚLTIMAS

O Teatro Principal entrega a Alba de Compostela a catro referentes locais no Día da Patria Galega

O Teatro Principal de Santiago de Compostela acolleu este 25 de xullo un dos...

O misterio do Apóstolo: espiritualidade, estratexia e construción de Europa

Cada 25 de xullo, Galicia celebra o día do seu patrón, o Apóstolo Santiago....

Rosalía de Castro recibe unha emotiva homenaxe en Bonaval

Diversas autoridades renderon homenaxe neste venres 25 de xullo, Día de Galicia, á insigne...

Unha alfombra floral honra a Díaz Pardo na Praza da Inmaculada

Unha alfombra floral conmemora ao artista e intelectual galeguista Isaac Díaz Pardo (1920-2012) na...

A piscina do Milladoiro continúa pechada por reparacións tras o desprendemento do liner

A piscina municipal do Milladoiro, no concello de Ames, segue pechada tras a incidencia...

Alba Mourelle imponse en todas as categorías do Baila con Ames 2025

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu o pasado venres 18 de...

O Concello de Ames celebra o Día do Orgullo LGBTIQ+ cun acto institucional, actividades e premio fotográfico

O Concello de Ames sumouse este sábado á celebración do Día Internacional do Orgullo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here