InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames celebra hoxe o pleno ordinario de setembro con...

O Concello de Ames celebra hoxe o pleno ordinario de setembro con debates sobre servizos municipais e melloras no centro de saúde de Bertamiráns

A sesión abordará a elección do novo xuíz de paz, a adhesión á central de contratación da FEGAMP e a mellora do PAC e do centro de saúde de Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames celebrará hoxe, martes 11 de setembro, o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto, no que se tratarán cuestións clave para a administración e os servizos municipais. Un dos primeiros temas a abordar será a elección dun novo xuíz ou xuíza de paz titular para o municipio, despois de que a anterior xuíza, Xiomara Erlinda Lazo Fuentes, presentara a súa renuncia tras ser elixida en febreiro deste ano. A Corporación deberá iniciar un novo expediente de elección, co prazo de tres meses, ou en caso contrario, será o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o que realice o nomeamento.

Outro punto relevante do pleno será a adhesión do Concello de Ames á central de contratación da FEGAMP para a xestión dos servizos postais e telegráficos. Actualmente, Ames dispón deste servizo a través dun convenio entre a FEGAMP e Correos, que permite acceder a tarifas públicas reducidas. No marco deste novo convenio, que permitirá mellorar os prezos dos servizos, o Concello de Ames desembolsou en 2023 un total de 28.202,27 euros.

A sesión tamén inclúe temas relacionados co centro deportivo municipal A Telleira, onde se procederá á ratificación da quinta prórroga da concesión administrativa para a xestión e mantemento do centro, concedida por un período de dous anos máis, o que estendería o contrato ata o 9 de setembro de 2026. A concesionaria, Serviocio Deporte Cultura e Recreación SL, comprometeuse a realizar obras de investimento por un valor de 128.958,67 euros sen IVE durante este período. Ademais, o pleno abordará a revisión do prezo do contrato, cun incremento do 2,1% en función do IPC, aplicable dende xullo de 2022 a xullo de 2023. Esta revisión será efectiva unha vez se aprobe a modificación da ordenanza que regula o prezo público pola utilización do centro.

Na parte final da sesión, tratarase unha moción política presentada polo grupo municipal do BNG, que esixe á Xunta de Galicia que atenda as necesidades técnicas e humanas tanto do PAC como do centro de saúde de Bertamiráns. A moción demanda a construción dun novo centro de saúde ou a ampliación do actual, aproveitando o terreo xa cedido polo Concello, para acoller novas especialidades como fisioterapia, radioloxía, nutrición e logopedia. O BNG tamén solicita a dotación de máis persoal, para garantir atención pediátrica pola tarde e un dobre equipo médico no PAC, especialmente durante as tardes e fins de semana.

A sesión plenaria será emitida en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames, para que a cidadanía poida seguir de preto as decisións que afectan aos servizos e instalacións municipais.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...

Ryoichi Kurokawa volve a Curtocircuíto cun programa de concertos audiovisuais que conecta son, imaxe e tecnoloxía

Curtocircuíto reforzará nesta edición a súa liña dedicada á creación audiovisual en directo cunha...

Ames lanza unha campaña para reforzar o uso responsable dos patinetes eléctricos

O Concello de Ames puxo en marcha unha nova campaña de concienciación sobre o...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here