InicioSANTIAGOAMESO espazo A Proa no Milladoiro organiza actividades no Rede Coworking Fest...

O espazo A Proa no Milladoiro organiza actividades no Rede Coworking Fest da Deputación

O encontro de emprendemento feminino e un obradoiro de mentalidade e vendas serán os eventos destacados desta semana dedicada á innovación e colaboración

Publicado o

Xornal de Compostela

Do 16 ao 22 de setembro, a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña celebrará a primeira edición do Rede Coworking Fest 2024, un evento centrado en promover a innovación, colaboración e cultura emprendedora. Dentro desta iniciativa, o espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, organizará dúas actividades principais: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro e un obradoiro de mentalidade e vendas o xoves 19 de setembro.

A concelleira de Promoción Económica e Innovación, Ana Belén Paz, subliñou que o obxectivo deste evento é “promover a creación de sinerxías entre emprendedores, freelancers e pequenas empresas” e dar a coñecer a importancia dos espazos de coworking como motores da economía local.

O encontro de emprendemento feminino, que terá lugar o 18 de setembro, busca visibilizar o impacto do emprendemento feminino e fomentar a colaboración entre mulleres. Pola súa banda, o obradoiro de mentalidade e vendas, programado para o 19 de setembro, axudará aos participantes a mellorar a súa estratexia de vendas, abordando desafíos comúns e aprendendo a xestionar obxeccións dos clientes.

A semana ofrecerá unha ampla variedade de obradoiros, charlas e actividades culturais en diferentes espazos de coworking da provincia, favorecendo o networking e o crecemento empresarial.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

Borja Verea e Martínez-Almeida abordan os retos da política municipal e reivindican o liderado de Feijóo en Santiago

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, e o alcalde de Madrid,...

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

Santiago supera por primeira vez as 2.000 bolsas de comedor, material escolar e extraescolares

O Concello de Santiago concedeu 2.083 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares...

Cinema Miúdo achega a ciencia á infancia con dúas sesións especiais en Ames

O festival de cinema infantil de Ames programa dúas retrospectivas sobre ciencia e cinema o 14 e o 15 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, incluídas no abono de 3 euros.

O BNG de Ames inicia unha campaña para documentar os cortes de luz que afectan á veciñanza

O BNG de Ames puxo en marcha unha campaña de recollida de información sobre...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here