InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames presenta a programación infantil co proxecto Apego para...

O Concello de Ames presenta a programación infantil co proxecto Apego para o outono

As actividades gratuítas incluirán xogos, contos, maxia e cinema en Bertamiráns e o Milladoiro desde setembro ata decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames vén de dar a coñecer a programación infantil que se desenvolverá no marco do proxecto Apego durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2024. A oferta inclúe unha ampla variedade de actividades gratuítas que van desde xogos e contos ata espectáculos musicais, teatrais, maxia e cinema. O obxectivo desta programación é proporcionar ás familias de Ames recursos para unha crianza positiva, natural e creativa.

A programación arranca esta semana coas ‘Brincadeiras miúdas’ de Cé Orquestra Pantasma e a cooperativa Miudiño, que terán lugar o mércores 4 de setembro no parque do Ameneiral de Bertamiráns e o xoves 5 na carballeira de Ventín, no Milladoiro. Estes eventos, que comezarán ás 18:00 horas, serán de balde e non precisan inscrición previa. As familias poderán disfrutar de música, xogos tradicionais e obradoiros de creación de xoguetes con materiais naturais.

A presentación da programación celebrouse no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, coa presenza de Blas García, alcalde e concelleiro de Normalización Lingüística e Cultura, Raquel Barbeito, do Servizo de Normalización Lingüística, e María Vázquez, técnica de Cultura. Raquel Barbeito destacou que as “Brincadeiras miúdas” son unha oportunidade para que as crianzas desenvolvan a súa creatividade e autonomía, aproveitando a natureza como espazo de xogo.

Entre as actividades programadas para os próximos meses, cabe destacar a celebración do Festival de Maxia de Ames ‘Festimax’, que alcanzará a súa décimo novena edición a finais de outubro, así como o Festival Cinema Miúdo, que terá lugar en novembro nas Casas da Cultura do Milladoiro e de Bertamiráns. Ademais, en decembro, a programación culminará coa tradicional visita do Apalpador ao Pazo da Peregrina.

O alcalde Blas García subliñou que a deste segundo semestre é “unha programación moi variada, que inclúe tanto a artistas consolidados como a novas promesas, ademais de actividades xa consolidadas como o Cinema Miúdo e o Festival de Maxia“. Con esta programación, o Concello de Ames continúa a súa aposta por ofrecer actividades culturais e educativas que fomenten a participación das familias e o desenvolvemento integral das crianzas no municipio.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here