InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames inicia a licitación para a obra da senda...

O Concello de Ames inicia a licitación para a obra da senda e pavimentación en Coira

A actuación, cun orzamento superior a 284.000 euros, mellorará a seguridade vial na parroquia de Biduído

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local de Ames aprobou o 16 de agosto o expediente de licitación para as obras de pavimentación e mellora das sendas no lugar de Coira, na parroquia de Biduído. O proxecto ten un orzamento base de licitación de máis de 284.000 euros, IVE incluído.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, afirmou que esta actuación responde a “unha necesidade moi importante que está en liña coas políticas desenvolvidas dende o inicio do mandato”. Segundo Nieto, o rural de Ames, que representou o 60% do orzamento dedicado a obras no último ano, recibe agora unha atención prioritaria.

Por outra banda, o alcalde Blas García explicou que a licitación actual é unha segunda oportunidade para resolver unha “débeda de anos anteriores cos veciños de Coira”. García destacou que a primeira empresa adxudicataria incumpriu o contrato, o que levou a reprogramar o proxecto e incluír os interiores de Coira, que inicialmente estaban fóra do alcance da obra.

O proxecto contempla a pavimentación dunha senda peonil de 530 metros de longo e 2 metros de ancho, que conectará os lugares de Ventín e Coira. Para isto, realizarase unha nova capa de rodaxe con mallazo, 10 cm de zahorra e 15 cm de formigón. Ademais, construirase un muro de bloques de granito de 60 metros de longo e 2 metros de alto para a contención de terras.

Previo á pavimentación, está previsto executar a canalización das redes de telefonía, baixa tensión e alumeado. Isto implicará o desmonte de postes, a apertura de zanxas e a instalación de novas arquetas e luminarias.

Finalmente, tamén se mellorará o firme no núcleo de Coira, aplicando unha capa de rodaxe con mallazo e 15 cm de formigón. Este tipo de intervencións foron realizadas recentemente en diferentes núcleos do rural de Ames como Gasamáns, Galiñeiro, Framil e Cortegada.

Segundo informou o consistorio municipal, o proxecto está financiado a través do plan provincial POS+2024, que busca impulsar a mellora das infraestruturas no ámbito rural.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here