InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames cede 68 vivendas baleiras para alugueiro social

O Concello de Ames cede 68 vivendas baleiras para alugueiro social

O convenio con FEGAMP e IGVS permitirá que familias vulnerables accedan a vivendas a prezos reducidos

Publicado o

Xornal de Compostela

No marco do Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, o Concello de Ames incorporou 68 vivendas baleiras pertencentes a unha entidade bancaria para destinarlas a alugueiro social. Este acordo forma parte do convenio asinado por FEGAMP e IGVS, enfocado no desenvolvemento de vivendas baleiras e no acceso á vivenda.

O programa permite que estas vivendas se aluguen a prezos que varían entre os 207 e 285 euros ao mes, cun contrato inicial dun ano e posibilidade de prórroga ata un máximo de sete anos. Ademais, as propiedades contan con dúas pólizas de seguro financiadas polo IGVS que cobren impagos, defensa xurídica e responsabilidade civil. A entidade bancaria propietaria das vivendas obterá unha bonificación de ata o 50 % no IBI das propiedades cedidas.

Os beneficiarios destas vivendas deben ter recursos económicos limitados, comprendidos entre o 0,7 e o 2,5 do IPREM. A adxudicación prioriza a colectivos vulnerables como familias afectadas por execucións hipotecarias, desaloxos, familias numerosas, monoparentais, con menores a cargo, con diversidade funcional e vítimas de violencia de xénero. As características das vivendas serán adaptadas segundo as necesidades das unidades familiares, priorizando os baixos para persoas con mobilidade reducida e as vivendas con maior número de habitacións para familias numerosas.

Actualmente, das 68 vivendas dispoñibles, 54 están listas para ser habitadas. Delas, 19 xa foron adxudicadas e 23 están na fase final do proceso. As restantes 12 están pendentes de solucionar cuestións catastrais antes de ser adxudicadas. A concelleira de Benestar Social, Uxía García, afirmou que “desta maneira damos resposta aos veciños e veciñas sen recursos que nos piden axuda para acceder a unha vivenda digna. Este tipo de políticas devólvenlle a dignidade ás persoas”.

O alcalde de Ames, Blas García, subliñou que a vivenda é unha peza central das políticas do goberno municipal para o mandato 2023-2027. “A parte deste convenio, estamos traballando xunto co IGVS para a creación de máis de 200 vivendas de protección pública no Milladoiro e incentivando a promoción privada no resto do concello”, declarou. Esta iniciativa complétase coa dispoñibilidade de parcelas municipais para a construción de vivenda pública e a facilitación de desenvolvemento de vivenda privada no municipio.

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

Cinema Miúdo achega a ciencia á infancia con dúas sesións especiais en Ames

O festival de cinema infantil de Ames programa dúas retrospectivas sobre ciencia e cinema o 14 e o 15 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, incluídas no abono de 3 euros.

O BNG de Ames inicia unha campaña para documentar os cortes de luz que afectan á veciñanza

O BNG de Ames puxo en marcha unha campaña de recollida de información sobre...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here