InicioSANTIAGOAMESO Millarock volve con bandas galegas emerxentes e consolidadas

O Millarock volve con bandas galegas emerxentes e consolidadas

O festival celebra a súa décimo terceira edición con actividades musicais e obradoiros para todas as idades

Publicado o

Xornal de Compostela

O Milladoiro prepárase para acoller a décimo terceira edición do festival Millarock, que terá lugar este venres 2 de agosto. O evento, organizado polo departamento de Cultura de Ames coa colaboración da Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia, é unha das citas musicais máis destacadas do concello e busca promover o rock galego e apoiar grupos emerxentes da contorna.

O festival, con entrada libre e gratuíta, contará con dous escenarios situados no anfiteatro do Milladoiro e no aparcadoiro da Travesía do Porto. A programación inclúe tanto bandas consolidadas como novos talentos, garantindo unha oferta musical diversa e atractiva.

O cartel deste ano inclúe actuacións de Dakidarría, Agoraphobia, Biribirlocke e Onda Dagda, ademais das actividades organizadas pola escola A Casa do Rock, que ofrecerá concertos didácticos e obradoiros musicais para os máis novos. A xornada comezará ás 19:00 horas no anfiteatro do Milladoiro cun concerto didáctico e un obradoiro musical “Sube e Toca” ás 20:00 horas.

A partir das 21:00 horas, Onda Dagda, un grupo local que xa actuou en varios eventos organizados polo Concello de Ames, subirá ao escenario do anfiteatro. A continuación, ás 22:00 horas, o festival trasladarase ao aparcadoiro da Travesía do Porto, onde actuarán Biribirlocke, Agoraphobia e Dakidarría.

Biribirlocke iniciará as actuacións no novo escenario. Este grupo amesán, tras un período de pausa, volve con forza para presentar os temas do seu próximo disco. Ás 23:15 horas, será a quenda de Agoraphobia, unha banda de Boiro coñecida polo seu garaxe rock e potentes riffs. Finalmente, Dakidarría, con máis de 20 anos de traxectoria, pechará o festival co seu enerxético directo, presentando o seu novo disco “XX”.

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here