InicioSANTIAGOAMESA Casa da Cultura do Milladoiro acolle unha charla informativa sobre estranxeiría...

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle unha charla informativa sobre estranxeiría para migrantes

A actividade ofrecerá información actualizada sobre vías de regularización

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, colabora na organización dunha charla informativa para persoas migrantes titulada ‘Formación sobre estranxeiría 2024. Actualización das principais vías de regularización’. A actividade, que é gratuíta, terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 31 de maio, en horario de 19:30 a 21:30.

Esta iniciativa está financiada pola Consellería de Política Social e Xuventude e Médicos do Mundo. Tamén conta coa colaboración da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI) e o Concello de Ames. Para participar, é necesario chamar ao número de teléfono 981 53 59 41.

A charla permitirá ás persoas migrantes coñecer as diferentes e actuais oportunidades de regularizar a súa situación en España. Ademais, ofrecerá información sobre os diferentes accesos ao sistema sanitario español.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here