InicioSOCIEDADELuz verde definitiva á senda ciclista entre O Milladoiro e a intermodal...

Luz verde definitiva á senda ciclista entre O Milladoiro e a intermodal de Santiago cun novo trazado que evita o Banquete de Conxo

A Xunta modifica o proxecto tras o informe negativo de Patrimonio e aposta por unha alternativa máis segura para ciclistas e sen afección á contorna histórica

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello da Xunta aprobou este luns de forma definitiva o novo trazado da senda ciclista e peonil entre O Milladoiro e a estación intermodal de Santiago ao seu paso por Conxo, unha actuación que foi reformulada despois de que o proxecto inicial recibise un informe desfavorable de Patrimonio polo risco de afección á área do Banquete de Conxo. Segundo explicou o Goberno galego, a nova proposta sitúa o percorrido fóra do ámbito do Plan Especial de Conxo, polo que non se realizarán obras dentro da zona delimitada no PXOM para o Plan especial de protección e rehabilitación da igrexa, hospital e mosteiro de Conxo (PE-1R).

UN TRAZADO ALTERNATIVO PARA GARANTIR SEGURIDADE

A Xunta sinala que a modificación busca “o maior consenso entre os distintos colectivos” e incorpora unha alternativa que evita a contorna do Banquete de Conxo mantendo unha senda independente do tráfico rodado, tal e como reclamaban asociacións ciclistas da cidade. O novo deseño mantén o percorrido inicial ata o punto quilométrico 3,5, onde a senda se desvía cara ao leste para chegar ao aparcadoiro do Hospital de Conxo.

Desde aí continúa polo perímetro oeste e, para non reducir prazas de estacionamento, reorganizaranse os espazos pasando das prazas en batería a 90 graos a prazas en espiña de peixe, mantendo o número total. Á altura da rúa Ramón Baltar, a senda cambiará de marxe para discorrer paralela á beirarrúa, cun pequeno desmonte, e descenderá posteriormente para conectar co trazado inicial no punto quilométrico 4,2 a través dun novo paso no muro perimetral, evitando interferencias co acceso ao Banquete.

UTILIDADE PÚBLICA E CONEXIÓN METROPOLITANA

Durante o período de información pública recibíronse alegacións de particulares e informes do Concello de Santiago, da Deputación da Coruña e das consellerías de Cultura e Medio Ambiente. A aprobación definitiva implica a declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación dos terreos precisos para executar as obras. Esta actuación forma parte dun eixo máis amplo que conectará O Milladoiro, o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, a intermodal e San Caetano, cun total de case 13 quilómetros de sendas ciclistas e peonís e un investimento próximo aos 11 millóns de euros, financiado con fondos europeos Next Generation.

ÚLTIMAS

O Compos vence ante o Alondras (3-0) no Vero Boquete e rompe a mala xeira de resultados

A SD Compostela regresou á senda da vitoria no estadio Verónica Boquete de San...

Queremos Galego presenta en Santiago o protocolo ‘Lingua Vital’ para responder á “emerxencia lingüística”

A plataforma cidadá Queremos Galego celebrou este sábado na praza da Quintana de Santiago...

Médicos galegos volven manifestarse en Santiago e esixen negociar para parar a folga

Médicos de atención primaria e hospitalaria volveron mobilizarse este sábado en Santiago de Compostela...

A Xunta emite informe ambiental favorable ao desenvolvemento residencial de Mallou con preto de 3.000 vivendas

A Xunta de Galicia deu luz verde ambiental ao Proxecto de Interese Autonómico (PIA)...

O BNG denuncia deficiencias no transporte público entre Bertamiráns, O Milladoiro e Santiago

O Bloque Nacionalista Galego denunciou as deficiencias do transporte público que conecta o concello...

Ames estrea o documental ‘8M A Voces’ no acto central do Día Internacional da Muller

O Concello de Ames celebrou este sábado o acto central de conmemoración do 8...