InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames debaterá unha nova campaña dos Bonos Consuma nun...

O Concello de Ames debaterá unha nova campaña dos Bonos Consuma nun pleno extraordinario

O martes analizarase un suplemento de crédito de 60.000 euros e comunicarase a renuncia da concelleira Carmen Porto Rey

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames celebrará este martes 18 de novembro ás 10:00 un pleno extraordinario no que se someterá a debate a aprobación dun suplemento de crédito destinado a impulsar unha nova edición dos Bonos Consuma, a iniciativa municipal orientada a reforzar o comercio de proximidade e que leva catro anos en funcionamento. A sesión poderá seguirse en directo a través da canle institucional de YouTube.

A proposta presentada polo Goberno local prevé habilitar 60.000 euros adicionais, unha cuantía que non figuraba no orzamento prorrogado e que require, por tanto, da incorporación de novos recursos. O suplemento financiaríase con 20.000 euros procedentes de crédito non utilizado na convocatoria de subvencións de promoción comercial e con 40.000 euros do remanente de tesourería para gastos xerais. O obxectivo é activar a campaña antes de final de ano, coincidindo co Nadal, un momento no que o Executivo considera estratéxico incentivar que a veciñanza realice as súas compras no municipio.

O programa dos Bonos Consuma está concibido para favorecer as vendas do pequeno comercio e fortalecer a súa capacidade de atracción, nun contexto no que o Goberno municipal insiste na importancia do sector como motor económico e elemento de cohesión social. A previsión é que a nova edición contribúa a manter o nivel de actividade dos establecementos amesáns e a evitar o desprazamento de consumidores cara a outros concellos da área.

Ademais, durante o pleno darase conta da renuncia de Carmen Porto Rey, concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade. A Corporación informará oficialmente da súa marcha, o que abrirá o proceso para cubrir a vacante no grupo de goberno.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here