InicioSANTIAGOAMESBeatriz Martínez asumirá as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade no Concello...

Beatriz Martínez asumirá as áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade no Concello de Ames logo da renuncia de Carmen Porto

A nova concelleira tomará posesión no pleno do 27 de novembro, tras a renuncia de Carmen Porto por motivos persoais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames anunciou que Beatriz Martínez Domínguez será a nova responsable das áreas de Educación, Mocidade e Mobilidade, tras a renuncia da concelleira Carmen Porto Rey, quen deixa o cargo por “motivos estritamente persoais”. A súa toma de posesión terá lugar no pleno ordinario do xoves 27 de novembro.

Martínez, licenciada en Empresariais, conta cunha ampla traxectoria ligada á administración local. Durante sete anos dirixiu un centro de estudos en Ourense e foi presidenta da ANPA do IES do Milladoiro entre 2016 e 2019. No mandato municipal 2019–2023 xa exerceu como concelleira de Mobilidade, Tráfico e Transporte, polo que regresa a unha área que coñece de primeira man. Na actualidade desempeñaba tarefas administrativas no Gabinete de Alcaldía.

Segundo o Goberno municipal, a incorporación de Beatriz Martínez “garante continuidade e solvencia na xestión local”, reforzando así o equipo que lidera o alcalde Blas García, mentres Víctor Manuel Fernández Prieto continuará ao fronte de Urbanismo, Administración Xeral, Persoal e Seguridade.

No vindeiro pleno tamén se formalizará a despedida de Carmen Porto Rey, quen agradeceu a confianza recibida e subliñou que deixa o posto pola imposibilidade de manter a dedicación necesaria. O alcalde amesán quixo recoñecer “a dedicación e perseveranza demostrada á fronte das áreas que xestionou, sacando adiante reformas de gran calado”, e desexoulle o mellor na nova etapa persoal que emprende.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here