InicioSANTIAGOAMESEspazo Común critica a nova taxa do lixo en Ames por “inxusta...

Espazo Común critica a nova taxa do lixo en Ames por “inxusta e antisocial”

A formación acusa ao PSOE e ao PP de pactar unha suba que “castiga ao rural e ás familias con menos recursos” e reclama un modelo máis progresivo e con incentivos á reciclaxe

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal Espazo Común (ESCO) expresou o seu rexeitamento á nova ordenanza da taxa do lixo aprobada no último pleno do Concello de Ames, que contou cos votos favorables do PSOE e o PP. A formación cualificou a medida de “inxusta, antisocial e allea aos principios de proporcionalidade e capacidade económica”, lamentando que o goberno local desbotase as súas propostas para facer unha ordenanza “máis social e ambientalmente responsable”.

Segundo explicou ESCO, a nova normativa “castiga novamente ao rural, ás familias con menos recursos e ás familias numerosas”, ao tempo que non incorpora incentivos para fomentar a reciclaxe nin establece criterios de progresividade. “O PSOE perdeu unha oportunidade para facer unha ordenanza máis xusta e ambientalmente responsable. O que precisamos é un modelo que premie as boas prácticas e reparta os custos con equidade”, indicaron desde o grupo.

Espazo Común asegura ter presentado propostas alternativas que non foron tidas en conta polo executivo municipal, entre elas a celebración de reunións coa veciñanza e co tecido comercial, a definición dun modelo de xestión claro, e subas graduais que permitan ás familias adaptarse ao novo custo sen un impacto inmediato nas economías domésticas.

Outras das medidas defendidas pola formación incluían vincular a taxa ao consumo de auga, como referencia para estimar o volume de residuos e fomentar un uso responsable, así como establecer cotas progresivas en función da capacidade económica de cada fogar. ESCO tamén propuxo bonificacións do 55% para quen recicle e unha tarifa cero para persoas beneficiarias da RISGA ou doutros subsidios sociais, con cotas axustadas aos tramos do IPREM.

A formación lamenta que o goberno local non abrira un proceso participativo nin dialogara co tecido veciñal antes de aprobar a medida, que consideran “un novo exemplo de falta de sensibilidade social e ambiental na xestión municipal”.

VALORACIÓN DE UCIN

Pola súa banda, o coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, expresou tamén o seu total rexeitamento á suba da taxa do lixo, que cualificou como “un auténtico tasazo que castiga aos veciños, ás familias numerosas e aos pequenos negocios do concello”. Calo advertiu de que o incremento do custo de Sogama non pode recaer sobre a cidadanía, e acusou ao goberno local de “mirar para outro lado ante os problemas reais da xente, sen buscar alternativas reais nin unha xestión máis eficiente dos recursos municipais”.

O dirixente de UCIN asegurou que esta medida terá un impacto directo no peto das familias e na viabilidade dos comercios e autónomos, e reclamou que o executivo amiense “retire a proposta e abra un proceso de diálogo coa cidadanía, co tecido asociativo e co sector empresarial”. O partido, engadiu, apoiará todas as iniciativas veciñais e sociais que se opoñan a esta suba, en defensa dunha xestión municipal “responsable, transparente e próxima á xente”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here