InicioSANTIAGOAMESO Xulgado condena ao Concello de Ames a indemnizar á CIG e...

O Xulgado condena ao Concello de Ames a indemnizar á CIG e ao exdelegado de persoal por vulneración de dereitos sindicais

A sentenza recoñece a exclusión irregular do representante da CIG das reunións do Consello de Administración de Augas de Ames

Publicado o

Xornal de Compostela

O Xulgado do Social nº1 de Santiago de Compostela ditou unha sentenza contra o Concello de Ames, a través da empresa pública Augas de Ames, pola que se condena a indemnizar con 7.500 euros tanto ao sindicato CIG como ao anterior delegado de persoal da empresa. O fallo considera que se vulneraron dereitos sindicais ao non convocar o representante legal dos traballadores ás sesións do Consello de Administración da entidade.

Segundo recolle a resolución, o presidente da EPEL Augas de Ames, tamén alcalde do municipio, tomou a decisión de non incluír ao delegado da CIG nas convocatorias, malia que os estatutos da empresa, no seu artigo 8, estipulan expresamente que debe formar parte do Consello un delegado de persoal.

O BNG de Ames asegura que advertiu da irregularidade xa o 22 de abril de 2024, mediante un correo interno remitido aos membros da Corporación con representación no Consello. Desde entón, lembran que manifestaron a súa discrepancia en cada sesión celebrada e votaron en contra das actas por consideralas “contrarias á legalidade estatutaria”.

A formación nacionalista sinala que a sentenza “dá a razón” aos avisos reiterados que trasladaron durante máis dun ano e denuncia que as convocatorias seguen producíndose “á marxe do establecido”. Como exemplo, apuntan á última reunión do Consello, o 16 de xullo de 2025, á que asistiu unha persoa que xa fora revogada polos traballadores en asemblea celebrada o 27 de xuño de 2025, polo que prevén novas demandas e posibles indemnizacións a cargo das arcas municipais.

Ademais, o BNG critica que o proceso xudicial se estea sufragando con fondos públicos. Lembran que xa se formalizaron contratos menores de servizos xurídicos por un importe superior a 7.500 euros, cifra que, segundo denuncian, “están a asumir todos os veciños e veciñas de Ames”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here