InicioSANTIAGOAMESUCIN critica a xestión das obras da Avenida Rosalía de Castro no...

UCIN critica a xestión das obras da Avenida Rosalía de Castro no Milladoiro

O partido denuncia improvisación, materiais inadecuados e risco para a seguridade veciñal

Publicado o

Xornal de Compostela

O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, manifestou a súa “profunda preocupación” polo desenvolvemento das obras da Avenida Rosalía de Castro, no núcleo do Milladoiro. Segundo sinalou, os traballos estanse a executar con “improvisación e falta de rigor técnico”, afastándose do proxecto inicial aprobado.

A formación denuncia que se están a empregar materiais inadecuados, que apareceron defectos de acabado e mesmo estruturais, e que non se estaría cumprindo co estipulado no contrato. “O resultado final que se albisca é dunha calidade moi baixa, con risco de que acabe sendo unha infraestrutura insegura e potencialmente inútil para os veciños e veciñas do Milladoiro”, advertiu Calo.

UCIN lembra que as queixas veciñais se teñen multiplicado nas últimas semanas, chegando mesmo á prensa comarcal, con denuncias polo malestar e a indignación xerada por unhas obras que, en lugar de mellorar a calidade de vida, están a xerar preocupación e inseguridade.

Ante esta situación, o partido reclama transparencia, control e responsabilidade na xestión do proxecto, lembrando que se trata de investimentos sufragados cos recursos públicos da veciñanza, polo que “non se pode xogar coa seguridade nin coa confianza da cidadanía”.

ÚLTIMAS

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

Santiago iniciará en xaneiro a reurbanización da rúa de Mallou cun investimento de 1,3 millóns de euros

O Concello de Santiago prevé iniciar a mediados de xaneiro de 2027 as obras...

Borja Verea acusa o Goberno de Santiago de ser “cómplice” dos incidentes durante a folga xeral

O presidente do Partido Popular de Santiago e candidato á Alcaldía, Borja Verea, criticou...

Cinema Miúdo achega a ciencia á infancia con dúas sesións especiais en Ames

O festival de cinema infantil de Ames programa dúas retrospectivas sobre ciencia e cinema o 14 e o 15 de novembro na Casa da Cultura de Bertamiráns, incluídas no abono de 3 euros.

O BNG de Ames inicia unha campaña para documentar os cortes de luz que afectan á veciñanza

O BNG de Ames puxo en marcha unha campaña de recollida de información sobre...

O alcalde de Ames pide a dimisión do ministro de Transportes tras o accidente ferroviario de Urda

O alcalde de Ames, o socialista Blas García, reclamou a dimisión do ministro de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here