InicioSANTIAGOAMESO Milladoiro remodelará a rúa Agro da Vella cun investimento de 326.000...

O Milladoiro remodelará a rúa Agro da Vella cun investimento de 326.000 euros

O proxecto inclúe a renovación completa da pavimentación, a creación dun novo espazo de lecer e a ampliación das beirarrúas

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ames aprobou o expediente de licitación das obras de mellora da rúa Agro da Vella, situada no núcleo urbano do Milladoiro. O investimento previsto ascende a 326.160,41 euros, financiados a través do POS+ 2025 da Deputación da Coruña.

O proxecto abrangue unha reordenación do tráfico rodado e a renovación integral da pavimentación. A vía pasará a ter sentido único de circulación cara á avenida do Muíño Vello, contará con aparcamento en liña na marxe esquerda e aparcamento en batería oblicuo na dereita, mentres que as beirarrúas ampliaranse ata os 2,5 metros en ambas marxes.

Tamén se actuará sobre unha zona verde situada na parte traseira da Escola de Educación Infantil do Milladoiro, que se adaptará para uso veciñal como espazo de ocio. O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, lembrou que “este proxecto forma parte do POS+ 2025 aprobado no pasado mes de febreiro”, no que se inclúe un total de seis actuacións cun investimento global superior ao millón de euros.

Entre as actuacións previstas, destacan a colocación de novo pavimento de formigón vibrado nas beirarrúas, a renovación da capa de rodaxe da calzada con mestura bituminosa en quente, a instalación de pavimento táctil nos pasos de peóns para garantir a accesibilidade e a mellora do sistema de drenaxe.

O espazo de lecer proxéctase cunha explanada pavimentada, un sendeiro e mobiliario urbano, como bancos de formigón con madeira e xardineiras, ademais de novas plantacións de árbores.

A intervención inclúe tamén a renovación da iluminación pública, coa instalación de 27 columnas de aceiro de 5 metros, 35 luminarias, 7 balizas led e novas arquetas. A actuación completarase coa sinalización horizontal e vertical e a adaptación dos pasos de peóns existentes.

Segundo o executivo local, esta remodelación pretende mellorar a mobilidade peonil, ordenar o aparcamento e dotar ao Milladoiro dun novo espazo verde de convivencia veciñal

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here