InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames localiza un vertedoiro ilegal de lixo nos Batáns...

O Concello de Ames localiza un vertedoiro ilegal de lixo nos Batáns e identifica ao responsable

O depósito irregular incluía restos de madeira, mobles e plásticos procedentes dunha vivenda; os autores deberán retiralo e depositalo nun centro autorizado

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames detectou esta semana un vertedoiro ilegal de lixo nunha pista forestal situada nos Batáns, preto do cemiterio municipal. Grazas ao aviso dun veciño e á investigación da Policía Local, localizouse á persoa responsable, que contratara unha empresa para limpar o interior dunha vivenda. Os restos —madeira, plásticos, caixas e mobles— acabaron depositados de forma irregular no monte.

Segundo informou o Concello, a empresa infractora e o particular implicado deberán recoller o lixo e trasladalo a un punto autorizado, ademais de enfrontarse a posibles sancións económicas que, en función da gravidade, poden variar entre 900 e 9.000 euros.

O concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, destacou que “cando se realizan obras é importante facer un control da xestión dos residuos, para saber que acaban no lugar correcto e non nunha pista forestal”. Tamén subliñou a necesidade de extremar o coidado coa documentación que se tira, como albaráns ou recibos, ao tratarse de datos persoais sensibles.

Desde o goberno local apélase á colaboración cidadá para denunciar situacións semellantes. A veciñanza pode dar aviso chamando ao número 619 76 75 75 se observa que se está a tirar lixo no monte.

O Concello lembra que os residentes dispoñen do servizo de recollida de voluminosos, operativo nos teléfonos 981 19 12 40 e 639 10 76 38, e do Punto Limpo do Milladoiro, aberto de luns a sábado en horario de 9:00 a 15:00 e de 16:00 a 20:00, ao que se poden levar mobles, electrodomésticos e outros materiais que non van nos colectores habituais. Para máis información está dispoñible o teléfono 981 53 66 88.

ÚLTIMAS

PP e PSOE alertan da caída dos indicadores turísticos de Santiago

Os grupos do PP e do PSOE puxeron o foco nas últimas horas na...

O Concello leva o patrimonio das parroquias de Santiago á hostalaría e aos centros educativos

O Concello de Santiago puxo en marcha o proxecto 'Compostela Iconográfica. Patrimonio Vivo nas...

A reitora da USC chama á “tranquilidade” tras os erros na PAU e garante unha avaliación “xusta”

Mensaxe de acougo dende a cúpula académica galega. A reitora da USC, Rosa Crujeiras,...

Santiago impulsa unha actividade de prevención de incendios con máis de 700 escolares inscritos

O Concello de Santiago puxo en marcha a terceira edición da Semana da Prevención,...

Ames lanza unha campaña para reforzar o uso responsable dos patinetes eléctricos

O Concello de Ames puxo en marcha unha nova campaña de concienciación sobre o...

A Garda Civil detén dúas persoas por roubos en garaxes comunitarios do Milladoiro

A Garda Civil, coa colaboración da Policía Local de Ames, detivo dúas persoas e...

Ángel Carracedo ingresará como académico de número na Real Academia Nacional de Medicina

O profesor Ángel Carracedo, veciño da parroquia amesá de Bugallido, foi elixido novo académico...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here