InicioSANTIAGOAMESAmes activa unha recollida de material para os lumes e chama á...

Ames activa unha recollida de material para os lumes e chama á colaboración veciñal

O Concello solicita batelumes, lentes e luvas de protección e máscaras; os puntos de entrega estarán na Casa do Concello (mañás) e nas Cafetarías das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro (tardes)

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames realizou un chamamento á colaboración e solidariedade da veciñanza para apoiar ás zonas afectadas polos incendios forestais a través dunha campaña de recollida de material promovida por polo 112 coa colaboración da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames. Os materiais precisos son batelumes, lentes de protección, luvas e máscaras.

Puntos e horarios de entrega. O material poderá entregarse na Casa do Concello en horario de mañá, de 09:00 a 14:00, e nas cafetarías das Casas da Cultura de Bertamiráns e do Milladoiro en horario de tarde, de 16:00 a 21:00. Segundo anunciou o Concello, o recollido enviaranse aos lugares onde máis falta faga.

VÍAS OFICIAIS PARA AXUDAR

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recomenda non acudir de xeito individual ás zonas queimadas. Para que a axuda sexa efectiva, debe canalizarse a través das Agrupacións de Protección Civil dos concellos, evitando interferencias no operativo e risco para as persoas voluntarias.

O presidente da Agrupación amesá, Antonio Martínez, indicou que o persoal está listo para ser mobilizado cando así se lles requira: “estamos preparados para ser mobilizados en canto sexa necesaria a nosa axuda. Se nos piden colaboración estamos preparados para acudir ás zonas afectadas polos incendios forestais”.

INFORMACIÓN E CONTACTO

Para resolver dúbidas sobre como participar nesta campaña, están dispoñibles o teléfono 673 17 88 88 e o correo electrónico avpcames@gmail.com da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ames.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago confirma que axudou a impulsar Fly2Galicia e mantén en confidencialidade os contactos coa empresa

O Concello de Santiago confirmou que leva "moitos meses" en contacto con Fly2Galicia e que...

A USC advirte dunha seca severa na comarca de Compostela tras recoller só 181 litros dende febreiro

A comarca de Santiago de Compostela atravesa unha situación de "seca severa" despois de...

Sanmartín anuncia medidas para ordenar os fluxos turísticos e defende a actuación municipal no Quiroga Palacios

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou este mércores que o Concello traballa xunto...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

Ames abre as axudas de ata 1.500 euros para familias numerosas e monoparentais

O Concello de Ames mantén aberto ata o próximo 14 de setembro o prazo...

Ames licita por case 3,3 millóns a construción do mercado municipal de Bertamiráns

Ames avanza na posta en marcha do seu futuro mercado municipal. A Xunta de...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here