InicioSANTIAGOAMESO Millarock reforza a súa aposta polo rock galego e a inclusión...

O Millarock reforza a súa aposta polo rock galego e a inclusión social no Milladoiro

A décimo cuarta edición do festival, que se celebrará o 1 de agosto, contará con mochilas vibratorias, plataforma adaptada e obradoiros para a cativada

Publicado o

Xornal de Compostela

O Milladoiro volverá converterse nun epicentro do rock galego o 1 de agosto coa celebración da décimo cuarta edición do Millarock, unha cita xa consolidada no calendario cultural de Ames. O festival, promovido polo Concello de Ames a través da súa área de Cultura e co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña, manterá a súa aposta por visibilizar bandas emerxentes, impulsar a escena local e potenciar o rock feito en galego.

Nesta nova edición, o Millarock acada tamén un novo nivel de compromiso social, incorporando medidas dirixidas a garantir a accesibilidade e a inclusión de persoas con discapacidade. Mochilas vibratorias, xa estreadas con éxito nas Prebadaladas 2024, permitirán ás persoas con discapacidade auditiva experimentar a música mediante a vibración. Así mesmo, habilitarase unha plataforma elevada con rampla para persoas con mobilidade reducida, favorecendo a igualdade de acceso aos concertos.

No acto de presentación, celebrado este mércores no Milladoiro, o alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, destacou que “o ano pasado dimos un paso adiante con implicar aos máis pequenos dentro do mundo do rock e este ano apostamos por facer un Millarock máis inclusivo e apto para todos”. Pola súa banda, María Vázquez, técnica do departamento de Cultura, incidiu en que “o Millarock mantén a súa esencia de rock en galego, grupos con vinculación en Ames ou da contorna, con compoñentes femininas e tamén apoio a grupos emerxentes”.

A programación arrancará ás 19:00 horas no Anfiteatro coa proposta ‘Merenda Rock’, a cargo da escola de música ‘A Casa do Rock’. Trátase dunha actividade pensada para o público infantil e familiar, con obradoiros participativos de guitarra, percusión ou teclado, que buscan achegar o rock á infancia dun xeito lúdico e pedagóxico.

A parte máis potente do festival comezará ás 22:00 horas na Travesía do Porto, coas actuacións de tres bandas que representan diferentes momentos e estilos do rock galego actual:

  • Ulex, banda compostelá formada en 2022, abrirá a noite coas cancións do seu primeiro disco Lonxe de ti. O grupo está integrado por Xian Castro, Mónica Fuentes, Tomás Sánchez e Martiño Quintela.

  • Battosai, trío de rock alternativo con fortes raíces en Ames e creado en 2018, ofrecerá unha selección do seu recente álbum Lágrimas y Milagros, influenciado polo punk e o grunge dos anos 90 e 2000.

  • Ruxe Ruxe, formación histórica do rock galego con case trinta anos de traxectoria, pechará a noite presentando o seu último disco Xabral, producido por Kaki Arkarazo e con nova xira baixo o nome ‘Pub Rock’.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here