InicioSANTIAGOAMESMovemento Sumar insta a restaurar o cartel LGTBIQA+ queimado no Milladoiro

Movemento Sumar insta a restaurar o cartel LGTBIQA+ queimado no Milladoiro

A formación critica a inacción do Concello de Ames tras un mes do acto vandálico sen reparación

Publicado o

Xornal de Compostela

O Secretario LGTBIQA+ de Movemento Sumar en Terras de Compostela, Álvaro González, denunciou este luns a falta de resposta do Concello de Ames ante o acto vandálico perpetrado contra o cartel de benvida situado na entrada do municipio en O Milladoiro, que incluía simboloxía LGTBIQA+ e permanece queimado dende hai máis dun mes.

Segundo explicou o representante de Sumar, o cartel afectado era un símbolo de igualdade e tolerancia, e a súa destrución constitúe un ataque directo contra a comunidade LGTBIQA+. “Un mes despois, o símbolo segue igual, queimado e sen restaurarse”, lamentou González, quen sinalou que esta falta de intervención por parte do executivo municipal “transmite unha mensaxe de despreocupación institucional ante este tipo de condutas intolerantes”.

Desde Movemento Sumar consideran que este tipo de actos non son incidentes illados, senón “expresións de odio que deben ser condenadas con firmeza”. González lembrou que, no contexto actual, “a LGTBIfobia está en crecemento e é imprescindible que os gobernos locais se posicionen de forma clara en defensa dos dereitos e da dignidade das persoas LGTBIQA+”.

Ademais, engadiu que o silencio e a pasividade institucional poden contribuír a normalizar a intolerancia. “O Concello de Ames debe garantir que o odio non teña espazo nin nos espazos públicos nin na vida comunitaria”, advertiu o secretario de Sumar.

Movemento Sumar Galicia esixe a restauración inmediata do cartel, lembrando que o Tribunal Supremo permite a exhibición da bandeira LGTBIQA+ en edificios públicos, polo que consideran que esa mesma protección debe estenderse a calquera outro símbolo que represente a diversidade sexual e de xénero nos municipios.

“O municipio de Ames non pode permitir que a impunidade ante o odio prevaleza. Esiximos que o alcalde actúe con firmeza e condene publicamente esta agresión, ademais de proceder sen máis demora á restauración do cartel queimado”, concluíu Álvaro González.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here