InicioSANTIAGOAMESSumar Galicia elixe 36 representantes para a asemblea estatal en Madrid

Sumar Galicia elixe 36 representantes para a asemblea estatal en Madrid

A delegación galega será unha das máis numerosas no conclave de marzo en Madrid

Publicado o

Xornal de Compostela

A formación Sumar Galicia contará con 36 representantes na asemblea estatal que a organización política celebrará a finais de marzo en Madrid. A elección dos delegados realizouse este sábado na localidade do Milladoiro, en Ames, durante unha reunión da coordinadora nacional de Movemento Sumar Galicia.

A delegación galega estará encabezada pola portavoz no Congreso e deputada por Pontevedra, Verónica Martínez Barbeiro, quen acudirá como delegada nata xunto ao tamén parlamentario Manuel Lago, o secretario xeral de Sumar Galicia, Paulo Carlos López, e a candidata nas últimas eleccións galegas, Marta Lois. Xunto a eles, viaxarán a Madrid outros 32 delegados galegos.

UNHA DAS DELEGACIÓNS MÁIS NUMEROSAS

Antes do encontro, Martínez Barbeiro e Paulo Carlos López destacaron que Galicia será “unha das delegacións máis numerosas” na asemblea estatal de Sumar, xa que o territorio galego é “a quinta comunidade con máis afiliados” dentro da organización.

Para López, este dato demostra “a plurinacionalidade” do proxecto político, que aposta por reforzar medidas laborais e a defensa dos traballadores. “Para seguir subindo o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) e reducir a xornada laboral, necesitamos un Sumar máis forte a nivel organizativo e con iniciativa política“, afirmou.

A asemblea estatal de Sumar, impulsada pola vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, servirá para definir a estratexia da formación nos próximos anos e consolidar o seu papel dentro do panorama político español.

ÚLTIMAS

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

“Traballaba as 24 horas”: unha muller relata como foi traída desde Colombia e obrigada a prostituírse

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acolleu este...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Pedro Blanco inicia unha rolda polos barrios de Santiago para elaborar propostas coa veciñanza

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, iniciou este martes '#ConversasDeBarrio', unha...

Verea comprométese a reducir a 30 días o pagamento aos provedores no primeiro ano de mandato

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, volveu situar os prazos de...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here