InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames habilita unha sala de estudo 24/7 no Milladoiro

O Concello de Ames habilita unha sala de estudo 24/7 no Milladoiro

As obras permitirán un acceso independente mediante código QR, separando a aula de estudo do espazo da biblioteca

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames está a levar a cabo unha serie de melloras na Biblioteca municipal do Milladoiro co obxectivo de habilitar unha sala de estudo con acceso ininterrompido as 24 horas do día, todos os días da semana. A través dun sistema de acceso mediante código QR, este espazo permitirá que os usuarios poidan facer uso del sen depender do horario habitual da biblioteca.

As obras, que comezaron este martes 28 de xaneiro, están a ser executadas pola empresa Construcciones Iglesias Mera cun orzamento total de 15.464 euros. A aula de estudo permanecerá pechada de forma temporal durante o período das obras, aínda que a biblioteca continúa ofrecendo servizos con normalidade.

Os traballos céntranse en habilitar un acceso independente desde a rúa de Abaixo, que inclúe a instalación dunha nova porta, melloras na accesibilidade e un sistema de lectura de códigos QR que permitirá a apertura dunha fechadura automática. Ademais, instalarase unha cámara de vídeo-vixilancia na entrada para reforzar a seguridade do espazo.

O alcalde de Ames, Blas García, explicou que esta iniciativa responde a unha demanda da veciñanza: ‘A veciñanza reclamaba un lugar de estudo que non dependese do horario do persoal municipal. Con esta actuación, Ames contará coa súa primeira sala de estudo aberta permanentemente’. Ata agora, o acceso á sala de estudo realizábase a través do espazo principal da biblioteca, situado na rúa Raxoeira. Con esta remodelación, preténdese que os usuarios poidan entrar directamente á aula de estudo sen pasar polo interior da biblioteca.

UN ESPAZO DIFERENCIADO E MODERNO

A nova configuración da biblioteca e a sala de estudo optimiza a distribución dos seus 483,26 metros cadrados. A biblioteca mantén unha superficie de 258,47 metros cadrados, mentres que a sala de estudo contará con 224,79 metros cadrados de uso exclusivo para usuarios que precisan un espazo de traballo tranquilo e accesible durante todo o día.

Durante o horario nocturno, a porta que conecta a biblioteca coa aula de estudo permanecerá pechada, mentres que no horario diúrno seguirá habilitada a comunicación entre ambos espazos.

Mentres a sala de estudo funcionará de forma continua, a biblioteca municipal manterá o seu horario habitual. De luns a venres, atenderá ao público de 9:00 a 20:50 horas, e os sábados de 9:00 a 13:50 horas. Durante o verán, do 16 de xuño ao 15 de setembro, o horario reducirase, sendo de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here