InicioSANTIAGOAMESAmes negocia con Sareb para desenvolver vivenda e zonas verdes nos seus...

Ames negocia con Sareb para desenvolver vivenda e zonas verdes nos seus núcleos urbanos

O Concello busca facilitar o acceso á vivenda e mellorar as infraestruturas de uso público en Milladoiro e Bertamiráns

Publicado o

Xornal de Compostela

O alcalde de Ames, Blas García, mantivo este luns en Madrid unha xuntanza con Alberto Molowny, director de Xestión de Administracións Públicas e Relacións Institucionais da Sareb, para avanzar nas negociacións sobre parcelas propiedade desta entidade en Milladoiro e Bertamiráns. O obxectivo principal é impulsar a construción de vivendas de protección oficial e habilitar novas zonas verdes e sendas peonís nestes núcleos urbanos.

Un dos proxectos prioritarios é o desenvolvemento dunha parcela situada no S-16 Galdrachán, no Milladoiro, onde se poderían construír 37 vivendas de protección oficial. A parcela, cunha superficie total de 966 metros cadrados, está nas proximidades da Casa da Cultura e do pavillón municipal do Milladoiro. Segundo informou o concelleiro de Urbanismo, Víctor Fernández, a edificabilidade total deste terreo ascende a 3.721 metros cadrados, distribuídos en uso residencial e terciario.

O alcalde Blas García destacou a importancia deste proxecto, asegurando que “o acceso á vivenda é unha prioridade para o goberno municipal”. García afirmou que “a creación de nova vivenda de protección oficial é unha das principais liñas de traballo marcadas para o que queda de mandato”.

Ademais da vivenda, a reunión tamén abordou a posibilidade de cesión de parcelas en Bertamiráns, que suman un total de 31.552 metros cadrados. Estes terreos, situados en zonas como Cantalarrana, a travesía de Fontaldeiro e a rúa da Fragua, poderían destinarse á creación de novas zonas verdes e sendas peonís para uso público.

A proposta busca que, mentres a Sareb non desenvolve estes terreos, o Concello acondiciónaos para o seu uso veciñal. Isto permitiría ofrecer novos espazos de esparexemento á cidadanía e, ao mesmo tempo, reducir os custos de mantemento destas parcelas para a Sareb.

Ademais da negociación coa Sareb, o Concello planea ceder seis parcelas ao Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) para construír 213 vivendas no Milladoiro e Bertamiráns. Estas parcelas suman un total de 5.338 metros cadrados e inclúen espazos para desenvolver entre 28 e 37 vivendas por unidade.

O Concello de Ames continúa así traballando para mellorar a oferta de vivenda accesible e reforzar as infraestruturas urbanas, buscando responder ás necesidades crecientes da súa poboación.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here