InicioSANTIAGOAMESAmes organiza con éxito a primeira Gladiator Race Kids

Ames organiza con éxito a primeira Gladiator Race Kids

A carreira non competitiva congregou 230 nenos e nenas na área deportiva do Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, celebrou este sábado, 28 de decembro, a primeira edición da Gladiator Race Kids, un evento deportivo enmarcado na programación de Nadal 2024. A carreira, organizada pola empresa NOKAO, reuniu un total de 230 nenos e nenas na área deportiva do Milladoiro, consolidándose como unha proposta innovadora e familiar.

A proba, deseñada como unha carreira non competitiva, buscou fomentar o deporte e a convivencia en familia. A actividade estruturouse en dous percorridos: un de 500 metros dirixido a menores de 3 a 5 anos e outro de 900 metros para participantes de 6 a 11 anos. Ademais, a saída organizouse en quendas, permitindo que un máximo de 15 nenos e nenas iniciaran a carreira cada cinco minutos.

Os pequenos participantes, tras superar unha serie de obstáculos e desafíos, recibiron unha medalla conmemorativa ao rematar, premiando o esforzo e a participación de cada un.

A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destacou o éxito desta primeira edición: ‘Estamos moi satisfeitos coa acollida que tivo a Gladiator Race Kids. En tempo récord cubríronse as 230 prazas dispoñibles, o que demostra o interese das familias por este tipo de actividades. Desde o Concello de Ames traballamos por ofrecer propostas variadas que axuden a crear recordos inesquecibles e fomenten o deporte en familia’.

A Gladiator Race Kids foi recibida con entusiasmo polas familias asistentes, converténdose nunha das actividades máis destacadas do Nadal en Ames. O evento non só promoveu a actividade física, senón tamén valores como o compañeirismo e a superación persoal entre os máis pequenos.

ÚLTIMAS

Multitudinario recoñecemento a Álvaro García Ortiz na casa das máquinas

A Casa das Máquinas acolleu este xoves un multitudinal acto de recoñecemento a Álvaro...

A CEP denuncia o abandono da comisaría de Santiago tras máis de dous meses do incendio

A Confederación Española de Policía (CEP) denunciou publicamente o que considera unha situación de...

O concerto de El Último de la Fila trasládase a Santiago tras o veto ao uso de Riazor

O concerto do grupo 'El Último de la Fila' previsto inicialmente para o 13...

A Xunta prevé investir máis de 50 millóns de euros en Mallou para impulsar un novo barrio en Santiago

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas presentou o proxecto de desenvolvemento do...

O BNG de Ames reclama destinar terreos municipais de Bertamiráns á construción de vivenda pública

O Bloque Nacionalista Galego de Ames defenderá no pleno ordinario de abril unha iniciativa...

O IES do Milladoiro conmemora o Día Internacional do Pobo Xitano cunha xornada educativa e cultural

O alumnado do IES do Milladoiro, no concello de Ames, celebrou na mañá do...

Morre unha muller de 96 anos ao caer a un pozo en Ames

Unha muller de 96 anos faleceu en Ames ao caer a un pozo na...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here