InicioSANTIAGOAMESOs Galetiktokers 2024 premian a creación audiovisual en galego en Ames

Os Galetiktokers 2024 premian a creación audiovisual en galego en Ames

A gala celebrouse na Casa da Cultura do Milladoiro e contou coa participación de máis de 80 mozos e mozas de distintas localidades galegas

Publicado o

Xornal de Compostela

A quinta edición do certame Galetiktokers, impulsado polos departamentos de Xuventude e Normalización Lingüística do Concello de Ames, celebrou hoxe, sábado 23 de novembro, a súa gala na Casa da Cultura do Milladoiro. A iniciativa, que busca incentivar a creación de vídeos en galego e visibilizar a comunidade galega de tiktokers, contou con 39 pezas audiovisuais presentadas por arredor de 80 participantes de Ames e doutras localidades como Lugo ou Vilagarcía.

Durante o evento, conducido polos creadores de contido en galego Nuria Grandío (@konachadas) e Rodri Míguez (@rodrimiguez), e amenizado polo rapeiro local Big Meu, entregáronse un total de 1.800 euros en premios. A gala contou coa asistencia do alcalde de Ames, Blas García, tamén concelleiro de Normalización Lingüística, e da concelleira de Mocidade, Carmen Porto, entre outros representantes municipais.

O alcalde, Blas García, subliñou o papel clave da lingua galega na identidade cultural: “Na cultura reside a identidade dos pobos e, sen dúbida, a lingua é ese elemento diferenciador que nos fai únicos. Eu quero que sigamos sendo únicos moitos anos máis: normativo, con gheada, con seseo, con castelanismos… Da igual, pero sempre en galego”. Pola súa banda, Carmen Porto destacou o nivel da participación nesta edición e advertiu sobre a diminución do uso do galego, engadindo: “As administracións debemos darnos conta de que temos ferramentas para mudar o rumbo”.

OS PREMIADOS NO CERTAME

Os premios distribuíronse en dúas categorías de idade:

Na categoría de 13 a 17 anos, resultaron premiadas as pezas Punheta, de Luna Gouvea Diz, Paula Rubianes Miguéns, Irene Abad Señoráns e Xulia Leiro Silva, e Galibrownie, de Lara Bazarra Souto, Candela Calo Romero e Alejandra Fernández Capelo.

Na categoría de 18 a 35 anos, os galardóns recaeron en Mil e un instrumentos, de Miguel Barbazán Lesta, e As princesas tamén falan galego, de Antía López Castro.

O público, que votou a través do perfil de Instagram de Xuventude Ames, concedeu os premios ás pezas Ven falar galego, creada por Sara Briones de la Barrera, Antía Paz Varela, Paula González Sabugueiro e Lucía Rubianes Miguéns, e Fitness da nosa terra, de Diego Vázquez Feijoo e Mario Domínguez Rodríguez.

Cada unha destas obras recibiu un premio de 300 euros.

UNHA PLATAFORMA PARA A XUVENTUDE

A gala consolidouse como un punto de encontro para a mocidade galega interesada na creación audiovisual, demostrando o potencial das novas tecnoloxías para promover e normalizar o uso do galego. Este ano, o certame contou cun xurado composto polos creadores de contido Nuria Grandío e Rodri Míguez, a especialista en comunicación audiovisual Noelia Francisco Lens e, en representación do Concello de Ames, Rosa Moreiras Cuñarro.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Gemma Arenas bate o récord mundial W45 e logra o bronce no Mundial de 100 quilómetros de Ames

Ames converteuse este domingo nun dos principais escenarios do atletismo internacional coa celebración do...

Ames reunirá 392 atletas de 43 países no Mundial de 100 quilómetros

O concello de Ames converterase o próximo 20 de setembro nun dos centros do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here