InicioSANTIAGOAMESO BNG de Ames solicita melloras no transporte público rural con novas...

O BNG de Ames solicita melloras no transporte público rural con novas marquesiñas e información accesible

A moción tamén incluiu a esixencia dun servizo de Noitebús para as parroquias do municipio

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Ames presentou unha moción ante o Concello de Ames para mellorar as condicións do transporte público nas zonas rurais do municipio, solicitando a instalación de novas marquesiñas e información clara en cada parada. Segundo explica a formación nacionalista, a información dispoñible actualmente é “totalmente inintelixible para a veciñanza”.

A voceira do BNG en Ames, Escarlata Pampín, destacou que as condicións actuais prexudican especialmente aos colectivos sen transporte privado, como persoas maiores e mocidade: ‘Demandamos servizos que melloren a mobilidade das persoas, un problema que afecta a tódalas idades e que agrava a dependencia de familiares ou coñecidos para desprazarse’.

Ademais, a moción inclúe unha petición á Xunta de Galicia para que garanta o cumprimento dos contratos do servizo público de transporte conforme aos pregos e ás propostas que foron seleccionadas nos concursos. O BNG demanda tamén a posibilidade de implantar un servizo de Noitebús que cubra as zonas rurais de Ames, co fin de ofrecer unha alternativa de transporte accesible durante a noite.

Esta moción forma parte dunha campaña do BNG en Ames para reclamar un servizo de transporte digno e eficiente no municipio.

ÚLTIMAS

A USC mantén o seu lugar entre as 600 mellores universidades do mundo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantén a súa posición no tramo 501-600...

Galicia, responsable coa eclipse: non se rexistran polo momento grandes lesións oculares

Os galegos mostraron unha elevada responsabilidade na protección ocular durante o eclipse solar visible...

O PP acusa o Goberno central de chegar tarde á preparación do Xacobeo 2027 e reclama máis investimentos para Santiago

O Partido Popular realizou este venres un balance da colaboración do Goberno de España...

Ames licita por case 3,3 millóns a construción do mercado municipal de Bertamiráns

Ames avanza na posta en marcha do seu futuro mercado municipal. A Xunta de...

Trasmonte celebra tres días de festa con música, actividades infantís e Broken Peach

A parroquia de Trasmonte inicia este venres unha nova edición das súas festas, cunha...

Ames pecha fontes, suspende o rego e prepara bombas ante unha situación de seca “peor que en 2017”

O Concello de Ames convocou este mércores unha reunión urxente con distintos departamentos municipais...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here