InicioSANTIAGOAMESAmes organiza un partido solidario para apoiar os campamentos saharauís afectados polas...

Ames organiza un partido solidario para apoiar os campamentos saharauís afectados polas inundacións

O encontro entre o Bertamiráns FC e o Bastavales UD busca recadar fondos para SOGAPS e concienciar sobre a crise humanitaria

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Ames acollerá o domingo, 10 de novembro, un partido solidario no campo municipal de Bertamiráns entre o Bertamiráns FC e o Bastavales UD, co obxectivo de recadar fondos para apoiar á Sociedade Galega de Amigos do Pobo Saharauí (SOGAPS) na súa campaña de emerxencia tras as graves inundacións que asolaron os campamentos de refuxiados saharauís. A iniciativa permitirá destinar a contía recadada pola venda de entradas, ao prezo de 5 euros, á axuda humanitaria en apoio das máis de 600 familias afectadas polas intensas choivas.

A presentación do evento tivo lugar no salón de plenos da Casa do Concello e contou coa participación de Susana Señorís, concelleira de Deportes, Uxía García, concelleira de Benestar Social, Esther Ybarra, representante comarcal de SOGAPS, e Rafael Budiño, presidente do Bertamiráns FC. Segundo explicou Señorís, o obxectivo é mostrar o compromiso de Ames coa solidariedade: “Queremos que Ames continúe amosando o seu carácter solidario, e agradecemos aos clubes do concello a súa colaboración constante en causas que requiren apoio urxente”.

UNHA CAUSA SOLIDARIA PARA UNIR DEPORTE E COMUNIDADE

Uxía García, concelleira de Benestar Social, animou á veciñanza a participar nesta xornada solidaria: “Esta é unha oportunidade para gozar do deporte mentres contribuímos a unha causa solidaria coa que levamos tempo colaborando”. Destacou que SOGAPS e o Concello de Ames xa manteñen un vínculo forte a través de diferentes proxectos solidarios.

Esther Ybarra, en nome de SOGAPS, agradeceu a colaboración do Bertamiráns FC e do Concello de Ames, destacando a disposición de ambos para colaborar con esta causa humanitaria, sinalando que o apoio do club, “que cede unha taquilla enteira dun partido, supón un gran xesto para axudar aos campamentos saharauís nun momento de gran necesidade”.

Ademais do partido, o evento contará con actividades complementarias como a venda de rifas para o sorteo dunha cesta de froita e dunha cea doada polo restaurante Milongas, segundo explicou María Brea, en representación das familias acolledoras do programa Vacacións en Paz.

As doazóns e a recadación do evento serán destinadas á rehabilitación de vivendas e infraestruturas, á subministración de víveres, medicamentos e produtos de primeira necesidade, apoiando así aos habitantes dos campamentos saharauís para que poidan afrontar as necesidades máis urxentes tras os danos sufridos.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here