InicioSANTIAGOAMESRaúl Rodríguez gaña o ouro no Campionato Galego de Karate en Ferrol

Raúl Rodríguez gaña o ouro no Campionato Galego de Karate en Ferrol

O deportista amesán consegue a súa cuarta vitoria consecutiva na categoría cadete kumite <57 kg

Publicado o

Xornal de Compostela

O pasado domingo, 13 de outubro, celebrouse en Ferrol o Campionato Galego Cadete, Junior e Sub21 de karate, onde o deportista amesán Raúl Rodríguez obtivo a medalla de ouro na categoría kumite cadete <57 kg. Esta vitoria supón o cuarto ano consecutivo no que Raúl Rodríguez acada o primeiro posto no campionato autonómico, consolidando a súa traxectoria no mundo do karate e recoñecendo o seu esforzo continuado.

Rodríguez, pertencente á Escola Dokkodo, afronta agora novos retos, entre os que destacan a preselección para o Campionato de España e a participación na Liga Nacional, que se celebrará en Santander.

Ademais, dous técnicos da mesma escola, que tamén exercen como árbitros nacionais, formaron parte do equipo arbitral no campionato, contribuíndo ao bo desenvolvemento da competición.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Escarlata Pampín, candidata do BNG en Ames para “recuperar o impulso e o avance”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este mércores na presentación de Escarlata...

Ames percorre o Pazo da Peregrina nunha visita teatralizada arredor da pegada de Rosalía

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu o pasado sábado 20 de xuño unha...

A Xunta prevé abrir en agosto a senda peonil e ciclista entre a Intermodal e O Milladoiro

A Xunta de Galicia prevé poñer en servizo este verán, no mes de agosto,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here