InicioSANTIAGOAMESO Concello de Ames coordina accións ante a chegada da borrasca Kirk

O Concello de Ames coordina accións ante a chegada da borrasca Kirk

A Policía Local asumirá a coordinación de todos os avisos durante o paso da borrasca que traerá ventos fortes e choivas intensas

Publicado o

Xornal de Compostela

Este martes, o salón de plenos da Casa do Concello de Ames acolleu unha xuntanza de coordinación para preparar a resposta ante as posibles incidencias provocadas pola borrasca Kirk, que pasará preto de Galicia nas vindeiras horas. No encontro participaron o alcalde, Blas García, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, o concelleiro de Persoal, Víctor Fernández, así como membros da Policía Local, Protección Civil, a Brigada de Obras, Augas de Ames e Urbaser.

A borrasca, que chegará con ventos moi fortes e precipitacións intensas, alcanzará a súa máxima aproximación a Galicia na madrugada do mércores, arredor das 9:00 da mañá. Recoméndase á poboación tomar precaucións, xa que as condicións meteorolóxicas adversas poderían estenderse ata a media tarde do mércores.

Durante este período, a Policía Local será o centro de coordinación para todos os avisos, e encargará de mobilizar os distintos departamentos municipais. Para comunicar calquera incidencia, os cidadáns poden chamar ao teléfono 619 76 75 75 da Policía Local ou ao 112.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Colectivos veciñais de Ames esixen explicacións ao Concello pola desaparición do can ‘Gordo’

Colectivos veciñais e particulares de Ames reclamaron explicacións ao Concello polo paradoiro de 'Gordo',...

O BNG de Ames reivindica a memoria das vítimas do franquismo e alerta contra o seu branqueamento

A reivindicación da memoria das vítimas da represión franquista centrou un acto no que...

Ames activa a Comisión da Seca e prepara un arranxo provisional na presa da Ponte Maceira

O Concello de Ames reuniu este martes a Comisión da Seca para avaliar a...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here