InicioSANTIAGOMarta Lois asume o decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

Marta Lois asume o decanato da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais

A profesora foi elixida con 20 votos a favor, sucedendo a Ramón Bouzas no cargo

Publicado o

Xornal de Compostela

A profesora Marta Lois González foi elixida como nova decana da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela, tras obter 20 votos na xunta de centro celebrada este venres. Lois tomará o relevo do profesor Ramón Bouzas, superando na votación á outra candidata, a profesora Erika Jaráiz Gulías, quen recibiu 10 votos.

No seu mandato, Lois estará acompañada por un equipo que describiu como “plural, de integración de todas as áreas da facultade”. O equipo está conformado por José Caamaño, de Economía Política, Amparo Novo, de Socioloxía, e Alba Alonso, de Ciencia Política.

Marta Lois, doutora en Ciencia Política, é profesora no Departamento de Ciencia Política e Socioloxía e forma parte da Rede Armela de investigación en igualdade, dereitos e estado social. A súa investigación céntrase en temas como a perspectiva de xénero, a análise das políticas públicas e a teoría política feminista. Os seus traballos foron publicados en revistas de referencia, destacando estudos sobre igualdade de xénero nas elites gobernamentais e nos parlamentos.

Lois tamén é coautora de libros destacados na disciplina, como Crisis, derechos sociales e igualdad, e coordinou a obra Ciencia política con perspectiva de género (Akal, 2014), que foi galardoada co Premio María Ángeles Durán de Investigación Científica.

ÚLTIMAS

Antonio López amosa a súa sorpresa pola dinámica de confrontación nas eleccións á reitoría da USC

O actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, manifestou este mércores...

A MICE aposta polo rexistro antropolóxico e os sons en perigo na súa 21ª edición

A 21ª edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE), que se celebrará entre...

Marta Abal alerta dun “preocupante freazo” na actividade urbanística en Santiago tras a caída da construción de vivendas

A concelleira do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Marta Abal, advertiu dun “preocupante freazo”...

Boqueixón organiza unha andaina pola igualdade e un curso de defensa persoal polo Día da Muller

O Concello de Boqueixón conmemorará o Día Internacional da Muller cunha programación que inclúe...

Antonio López amosa a súa sorpresa pola dinámica de confrontación nas eleccións á reitoría da USC

O actual reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López, manifestou este mércores...

Rosa Crujeiras propón a Juan Díaz Villoslada como xerente e Alicia Villalba Sánchez como secretaria xeral da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, presentou este...

O Consello de Estudantado da USC organiza un debate cara a cara entre Maite Flores e Rosa Crujeiras

O Consello de Estudantado da USC organiza este venres 6 de marzo ás 18:00 horas...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here