InicioSANTIAGOSanmartín asegura que están en prazo para asinar o convenio do parque...

Sanmartín asegura que están en prazo para asinar o convenio do parque comarcal de Bombeiros

O acordo, pendente de procedementos internos, espera facerse efectivo "máis pronto que tarde", segundo a alcaldesa compostelá

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que o proceso para asinar o convenio do parque comarcal de Bombeiros está “dentro do prazo pactado”, logo de que o alcalde de Ames, Blas García, remitise varios escritos solicitando fixar unha data inmediata para a súa sinatura. Sanmartín fixo estas declaracións xunto ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, nun acto celebrado este xoves en Santiago de Compostela.

“O acordado era que chegando a outono teriamos ese texto para asinar. Está en procedemento para que poida pasar por todos os procedementos internos, pero estamos en prazo conforme ao que foi pactado”, explicou a rexedora compostelá, aludindo ao acordo entre os concellos e a Deputación.

Pola súa banda, González Formoso subliñou que a creación deste parque comarcal é un feito “único na historia de Galicia” debido á súa complexidade. “Non é fácil, houbo outros gobernos provinciais, autonómicos e locais que ou non tiveron a iniciativa ou non foron capaces de concretalo”, sinalou o presidente da Deputación, quen se amosou confiado en que o acordo se asinará “máis pronto que tarde”, xa que “a parte máis difícil está acordada”.

O parque comarcal de Bombeiros é un proxecto relevante para mellorar a seguridade e os servizos de emerxencias na comarca compostelá, e o acordo entre administracións supón un paso adiante para facelo realidade.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...

A IA entra na Catedral de Santiago da man dun servizo de tradución simultánea

A Catedral de Santiago estrea un servizo de tradución simultánea, dirixido ao fieis lle...