InicioSANTIAGOCarmen Cotelo destaca a aposta da Xunta pola captación de talento no...

Carmen Cotelo destaca a aposta da Xunta pola captación de talento no International Students Welcome Day da USC

Preto de 400 estudantes de máis de 40 países participaron no evento de recepción na Universidade de Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, participou hoxe no International Students Welcome Day organizado pola USC, onde se deu a benvida a preto de 400 estudantes de máis de 40 países. No acto, tamén estiveron presentes o reitor da USC, Antonio López, e outras autoridades académicas.

Carmen Cotelo aproveitou a ocasión para destacar as capacidades do ecosistema galego de I+D+i, subliñando o papel fundamental das universidades galegas como “o principal puntal” deste ámbito. A representante da Xunta destacou a aposta do goberno galego pola captación e retención de talento investigador e innovador en Galicia, explicando que “as persoas son o principal activo na I+D+i”.

Ademais, Cotelo salientou a importancia da diversidade, a internacionalización e a colaboración no avance do coñecemento, animando ao estudantado internacional da USC a actuar como embaixadores da “marca Galicia” nos seus países de orixe.

ÚLTIMAS

Verea acusa a Sanmartín de estar “superada” tras o debate pola seguridade no pleno deste xoves

O portavoz do Partido Popular en Compostela, Borja Verea, asegurou este venres que o...

A asociación de pacientes do CHUS denuncia 39 persoas nos corredores de Urxencias e alerta do impacto dos recortes de persoal

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou unha nova situación de saturación...

Santiago aumenta a 100.000 euros as bolsas para tratamentos terapéuticos de menores e para nenas e nenos celíacos

O Concello de Santiago aprobará unha nova convocatoria de bolsas municipais para menores con...

O Pleno aborda a seguridade na cidade entre chamadas ao pacto, avisos contra o alarmismo e reclamacións de máis medios

O Pleno municipal de Santiago aprobou este xoves unha proposta dos concelleiros non adscritos...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here