InicioSANTIAGORomán Rodríguez dá a benvida ao Nobel de Física Klaus von Klitzing

Román Rodríguez dá a benvida ao Nobel de Física Klaus von Klitzing

O físico alemán participa no encontro científico 'Física para o coñecemento e tecnoloxía' no marco do programa ConCiencia da USC

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, deu a benvida este mércores ao Premio Nobel Klaus von Klitzing durante o encontro científico titulado “Física para o coñecemento e tecnoloxía”, que tivo lugar no Instituto de Materiais (iMatus), en Santiago de Compostela. Este evento enmárcase dentro do Programa ConCiencia, unha iniciativa de divulgación científica da USC, coordinada polo catedrático de Electromagnetismo, Jorge Mira.

Klaus von Klitzing, físico e profesor universitario alemán, recibiu o Premio Nobel de Física polo seu descubrimento do efecto Hall cuantificado, unha achega fundamental no campo da física cuántica. O programa ConCiencia ten como obxectivo achegar persoas galardoadas co Nobel á capital galega, co fin de reforzar o papel de Galicia como referente no ámbito científico internacional.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here