InicioSANTIAGOSantiago abrirá a rúa do Pombal para o tráfico no Cruceiro do...

Santiago abrirá a rúa do Pombal para o tráfico no Cruceiro do Gaio tras as primeiras obras

A partir deste venres, o vehículos que circulen por Campo do Cruceiro do Gaio en dirección Galeras, incorporaranse por Cruceiro do Gaio, como era habitual

Publicado o

Xornal de Compostela

A rúa do Pombal abrirá este venres ao tráfico na súa intersección con Cruceiro do Gaio tras finalizar o primeiro tramo de obras.

Durante a mañá deste xoves o concelleiro de Obras, Xesús Domínguez, o responsable de Mobilidade, Xan Duro, membros da dirección facultativa da obra e do servizo municipal de Obras e Servizos desprazáronse ata o punto para trasladar información aos veciños.

O concelleiro de Obras explicou que executaron as conexións, as redes de saneamento e de abastecemento co obxectivo de “cambiar as instalacións obsoletas” e mellorar o funcionamento, reducir as incidencias e mellorar a accesibilidade aos veciños.

A partir deste venres, o vehículos que circulen por Campo do Cruceiro do Gaio en dirección Galeras, incorporaranse por Cruceiro do Gaio, como era habitual. Poza de Bar volverá ser utilizado unicamente polos novos vehículos que circulan en dirección saída da cidade, desde Galeras.

Ademais, crearon unha área de carga e descarga provisional, no tramo comprendido entre Poza de Bar e Cruceiro do Gaio, no que será o carril de subida cando finalice toda a reurbanización.

Haberá dúas zonas de parada de 15 minutos para uso exclusivo dos veciños: unha á beira do cruzamento con Cruceiro do Gaio e outra na parte alta da rúa, á beira da praza de San Clemente, que será para uso de repartición e residentes.

“FALTA DE DIÁLOGO COS VECIÑOS”

Pola súa banda, o grupo municipal Socialista criticou a forma de actual do executivo local e censurou a “falta de diálogo cos veciños” e a “liberdade absoluta” que o goberno local concedeu á empresa para realizar a execución “á súa antollo“.

Nun comunicado, a edil socialista Mercedes Rosón asegurou que “queda moita obra por diante” e puxo en dúbida a finalización desta primeira parte da actuación.

Neste sentido, remarcou que a superficie “parece estar excesivamente puída” e apuntou que, cando cheguen as choivas, a ver se os coches “non escorregan Pombal abaixo cando tenten frear”.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here