InicioSANTIAGOO Obradoiro acollerá unha exposición de 155 coches de todas as épocas...

O Obradoiro acollerá unha exposición de 155 coches de todas as épocas da automoción o 21 de setembro

Non poderán inscribirse os coches cuxa antigüidade vaian desde os anos 90 en diante

Publicado o

Xornal de Compostela

A praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, acollerá o 21 de setembro unha exposición de 155 vehículos históricos, unha cita clásica dentro da automoción do noroeste peninsular.

Para participar na exhibición, celebrada pola Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental, o Automóbil Club de Galicia e o Concello, os vehículos deberán inscribirse previamente.

Ademais, non poderán inscribirse os coches cuxa antigüidade vaian desde os anos 90 en diante.

Durante o día da exposición, os coches, do mesmo xeito que edicións pasadas, permanecerán no Obradoiro desde as 11.00 horas ata as 19.00 horas.

ÚLTIMAS

O Obradoiro acolle un acto en memoria das 66.519 persoas refuxiadas falecidas nos últimos tres anos

A Praza do Obradoiro foi escenario este xoves da conmemoración do Día Mundial das...

A cidade histórica perde comercio de barrio mentres medra o negocio turístico: os datos que explican a nova regulación en Santiago

A nova normativa urbanística aprobada inicialmente polo Concello de Santiago chega nun momento crítico...

Crearanse máis de 200 novas vivendas de promoción pública en Ames

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, visitou este venres...

A Xunta dá luz verde ambiental a un campamento de turismo na parroquia de Figueiras, en Santiago de Compostela

A Xunta deu luz verde ambiental ao proxecto para construír un campamento de turismo...

Sanidade espera que o novo decano de Medicina finalice o mandato como o único de toda Galicia

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, desexou "sorte" ao novo decano da Facultade...

O Concello presenta o vehículo ‘Neno’ como eixo dun proxecto piloto de micromobilidade para reducir o uso do coche privado en Santiago

O Concello de Santiago presentou este mércores un proxecto piloto de micromobilidade sostible que...

O acusado de abusar dunha muller en Santiago nega os feitos e asegura que o contacto foi consentido

O home acusado de abusar sexualmente dunha muller en Santiago de Compostela en outubro...