InicioPOLÍTICAO expediente aos edís de Santiago, un asunto provincial

O expediente aos edís de Santiago, un asunto provincial

Con todo, os socialistas galegos insisten en que o expediente aos edís composteláns compete ao órgano provincial do partido.

Publicado o

Xornal de Compostela

secretaria adxunta de organización do PSdeGAna Pena, insistiu en que o expediente aos edís de Santiago compete ao órgano provincial do partido e defendeu que o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, “non ten ningún problema en falar con calquera militante”. Así se manifestou a preguntas dos medios en rolda de prensa tras a reunión da Comisión Executiva Nacional Galega e despois de que o concelleiro socialista da capital galega Gonzalo Muíños mostrouse disposto a sentar con Besteiro e que medie para resolver o conflito.

Con todo, Ana Pena reiterou que “no momento en que o expediente conclúa” será o órgano competente “o que faga as declaracións oportunas”. “Entendemos que se porán en contacto con eles cando o expediente avance, pero máis aló de dicir que pola nosa banda se garanta o cumprimento da normativa que marcan os estatutos, é competencia do órgano provincial e son eles os que teñen que dar a información correspondente”, aseverou.

Con anterioridade, este mesmo luns, o propio líder dos socialistas galegos tamén mantivo que a situación se atopa no órgano provincial e, engadiu, “é aí onde se debe resolver”. Eu non quero condicionar en absoluto esta cuestión porque é interceder nun procedemento que está plenamente regulado nos nosos estatutos e eu non quero interferir niso”, sinalou Gómez Besteiro cuestionado en rolda de prensa este luns no Parlamento.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here