InicioSOCIEDADEUnha investigación da USC demostra que é posible liberar fármacos encapsulados en...

Unha investigación da USC demostra que é posible liberar fármacos encapsulados en polímeros co uso de luz

Os resultados deste estudo, publicados na revista Angewandte Chemie, son un novo avance para comprender mellor os parámetros que gobernan o comportamento dos polímeros helicoidales

Publicado o

Xornal de Compostela

Investigadores do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) demostraron que é posible controlar a liberación de fármacos encapsulados en polímeros mediante o emprego da luz, nun artigo asinado por Manuel Núñez-Martínez, Manuel Fernández-Míguez, Emilio Quiñoá e Félix Freire.

Os polímeros helicoidales poden organizarse e ensamblarse para formar nanoesferas e estas estruturas son capaces de encapsular outras partículas como as dos fármacos e actuar como potenciais transportadores a nivel molecular. A súa investigación mostrou que unha reacción fotoquímica pode provocar a degradación dos polímeros, liberando a carga que transportan, que no caso deste experimento eran diminutas partículas metálicas e fluorescentes.

O sentido de xiro e o grao de pliegue da hélice inflúen neste proceso: as hélices estiradas tardan máis en inmolarse baixo a luz que aquelas máis comprimidas. Deste xeito, os autores do traballo abren a porta para poder mesmo controlar de maneira gradual a cantidade de sustancia liberada, o que sería de gran interese para a entrega de fármacos.

Os resultados deste estudo, publicados na revista Angewandte Chemie, son un novo avance para comprender mellor os parámetros que gobernan o comportamento dos polímeros helicoidales. Cambiando e modificando eses parámetros é posible asignarlles a estes compostos distintas funcións de interese tanto no ámbito biolóxico como no dos materiais, e ampliar así o abanico de aplicacións.

ÚLTIMAS

Confirmada a sanción de 20.000 euros a Urbaser por incumprimentos do contrato de recollida de lixo

O goberno de Santiago rexeitou o recurso de reposición interposto por Urbaser contra unha...

As Festas do Apóstolo inclúen artistas como Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie

Shego, Julian Marley, La Perra Blanco e Eris Mackenzie, son algúns dos artistas que...

Nova agresión a estatua de Moncho Reboiras en Santiago

A estatua de Moncho Reboiras, que o Concello de Santiago situou na rúa Carreira...

Sanmartín anuncia a recpeción das obras no Pazo de Raxoi que contará con visitas guiadas para o outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou que a Xunta de Goberno Local aprobará...