InicioSANTIAGOAbre en Compostela a primeira tenda de artigos devoltos de Amazon e...

Abre en Compostela a primeira tenda de artigos devoltos de Amazon e Aliexpress

A tenda ofrece paquetes sorpresa e produtos a prezos significativamente reducidos procedentes de sobrantes de Amazon e Aliexpress

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

Remate’s Store, unha nova tenda en Santiago dedicada á comercialización e venda de artigos non reclamados, devoltos ou non pagados de plataformas como Amazon e Aliexpress, inaugurou hoxe as súas portas na rúa Nova de Abaixo da capital galega.

A tenda promete un concepto atractivo para os consumidores: paquetes sorpresa de 5 e 10 euros, ademais dunha selección de produtos procedentes de roturas de stock, todos ofrecidos a prezos moi inferiores aos habituais nas redes.

“A idea é darlles unha nova vida a estes produtos que, por distintas razóns, non foron reclamados ou vendidos. Ofrecemos aos nosos clientes a posibilidade de adquirir artigos de calidade a un custo moito menor”, explicou o responsable de Remate’s Store a Xornal de Compostela.

A empresa xa conta con dúas sucursais en Portugal e busca distinguirse no mercado local, non só pola orixinalidade do seu inventario senón tamén pola súa especialización nos paquetes sorpresa. “No ámbito dos sobres sorpresa, cremos que ofrecemos algo único que non se atopa noutras tendas da rexión”, explican dende o establecemento.

Aínda que hai outras tendas que operan baixo un modelo similar, como unha pequena tenda en Boiro que tamén vende sobres sorpresa, Remate’s Store asegura que o seu enfoque e a súa escala son distintos. “A este nivel somos os primeiros”, concluíu o propietario.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here