InicioSANTIAGOO autobús urbano de Santiago comezará o seu horario de verán o...

O autobús urbano de Santiago comezará o seu horario de verán o próximo martes

Tussa adaptará tamén algunas liñas de autobús debido aos inicios das obra na rúa do Pombal

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

O vindeiro martes, 25 de xuño de 2024, entrarán en vigor os novos horarios de verán no transporte urbano, introducindo importantes actualizacións para mellorar o servizo durante a tempada estival.

Este ano, os cambios máis notables inclúen un reforzo dos servizos nas liñas 6 e 6A durante os sábados, domingos e festivos. Esta medida busca evitar as incidencias que se produciron nos anos anteriores debido ao incremento da demanda neses días

As reducións habituais dos horarios de verán tamén serán aplicadas, adaptando as frecuencias das liñas á menor demanda característica dos meses de verán.

Os detalles completos sobre os horarios e frecuencias actualizados por liña están dispoñibles na web de Tussa. Nos vindeiros días, tamén se distribuirán folletos impresos cos novos horarios nos autobuses e actualizarase a cartelería nas paradas da cidade para informar adecuadamente a todos os usuarios.

Ademais, os novos horarios de verán coincidirán co inicio das obras na rúa do Pombal, o que podería afectar algunhas rutas habituais. As liñas afectadas serán a 4, 8, 9, C2, C4, P1 e P7 verán afectados os seus horarios e anularán algunhas paradas. Na web de Tussa poden consularse os desvíos e as paradas anuladas.

ÚLTIMAS

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here