InicioSANTIAGOPor que a aldea de Lavacolla se chama así?

Por que a aldea de Lavacolla se chama así?

A aldea da parroquia de Sabugueira recibe este nome e segundo diversas teorías podería provir das costumes dos peregrinos no río

Publicado o

Por Marta Balado Simó

Cada nome e topónimo ten un significado e unha razón de ser. Neste caso, a aldea da parroquia de Sabugueira, a escasos 11 kilómetros de Compostela, denomínase Lavacolla. Pero, por que se lle chama deste xeito?

Existen diversas teorías que explican a orixe etimolóxica da denominación da aldea. A primeira delas refírese a unha época anterior ás peregrinacións cara a Catedral e di que Lavacolla é unha palabra composta que significa ‘pasto baixo da colina‘, xa que lava significa ‘pasto baixo’ e colla, ‘colina’.

A pesar diso, existen outras dúas teorías que están máis estendidas e son máis aceptadas pola poboación. Ambas fan referencia á hixiene das persoas que peregrinaban cara o templo santo da capital galega, que se paraban nesta parroquia antes de entrar na cidade e se lavaban no río que hoxe en día recibe o mesmo nome de Lavacolla.

Un grupo de peregrinos cara Santiago de Compostela – Europa Press

En primeiro lugar, unha parte da xente di que o que lavaban os peregrinos era o pescozo ou ‘colleja‘ e por iso mesmo evoluiu ata chamarse do xeito que coñecemos hoxe en día. En cambio, outros moitos optan por unha teoría máis popular que di que o que lavaban os peregrinos no río eran os testículos ou collóns, e de ahí ven o topónimo de Lavacolla.

Este é só un exemplo de tantos de nomes de barrios ou parroquias santiaguesas que reciben un nome curioso e todos queremos coñecer a súa razón.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Santiago entrega a Compostela número 500.000 de 2026 a unha peregrina mexicana

A Oficina de Acollida ao Peregrino alcanzou este domingo unha nova cifra no rexistro...

O Ateneo de Santiago abre o curso cunha conferencia de Álvaro García Ortiz sobre a transformación da xustiza

O Ateneo de Santiago inicia o vindeiro luns, 5 de outubro, a súa programación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here