InicioSANTIAGOO Tacgal rexeita o recurso contra a adxudicación do novo contrato do...

O Tacgal rexeita o recurso contra a adxudicación do novo contrato do transporte urbano de Santiago

O Concello poderá continuar coa tramitación e prevé avanzar agora cara á sinatura do contrato á maior brevidade posible

Publicado o

Xornal de Compostela

O Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) desestimou e inadmitiu o recurso presentado por Autos Martín contra a adxudicación do novo contrato do servizo público de transporte colectivo urbano de Santiago de Compostela.

O Concello recibiu a comunicación da resolución a última hora da mañá deste xoves, o que permite continuar coa tramitación dun dos principais contratos municipais actualmente en proceso de renovación.

O recurso afectaba á adxudicación do contrato mixto de servizos e obras para a prestación do transporte colectivo urbano de viaxeiros e viaxeiras no municipio compostelán. A decisión do tribunal administrativo elimina agora este obstáculo dentro do procedemento de contratación.

Tras coñecer a resolución, o Concello de Santiago continuará cos trámites pendentes para formalizar o contrato, coa intención de proceder á súa sinatura á maior brevidade posible.

A resolución do TACGAL chega despois de que o recurso presentado por Autos Martín deixase pendente a continuidade do procedemento de contratación mentres o tribunal analizaba a impugnación. Co pronunciamento coñecido este xoves, a Administración municipal pode retomar os pasos necesarios para completar a formalización da adxudicación.

ÚLTIMAS

Lucía Suárez, directora da Galería Dupla: “A arte é algo moi universal e nós somos unha ponte entre os artistas e o público”

A directora da galería Dupla, Lucía Suárez, asumiu este ano a presidencia de Contemporánea,...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

Santiago activa medidas de aforro de auga ante o risco dunha vertedura de xurro no Tambre

O Concello de Santiago mantén baixo seguimento a posible chegada ao río Tambre dunha...

O Festival Maré reunirá en Santiago artistas de máis de 16 países na súa sétima edición

O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here