InicioSANTIAGODous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Todas as portas do edificio estaban marcadas con fíos de silicona e a Policía cre que os detidos forman parte dunha banda itinerante.

Publicado o

Xornal de Compostela

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas ‘in fraganti’ mentres roubaban xoias nun domicilio no centro de Santiago de Compostela. O dispositivo, coordinado desde a comisaría da Policía Nacional da capital galega, logrou deter ás dúas persoas dentro da vivenda sobre as 02.30 horas da madrugada.

O operativo comezou tras saltar a alarma de intrusión do inmoble, que os propietarios recibiron no seu teléfono móbil, xa que se atopaban de vacacións. A través das cámaras, observaban que alguén accedera, escoitaron un ruído e cubriuse a cámara, cortándose a imaxe. Así, deron aviso á policía que, unha vez no lugar, viron luces no piso e sombras. Nese momento, accederon ao domicilio e procederon á detención destas dúas persoas.

A continuación, os axentes comprobaron que as habitacións estaban revoltas, con reloxos, xoias e unha caixa forte preparadas sobre as camas. Ademais, ao chequear o resto do edificio, a Policía comprobou que todas as portas estaban marcadas con pequenos fíos de silicona na súa parte baixa, case inapreciable á vista. Os homes detidos, sen domicilio coñecido en España, procedían segundo os investigadores, do Leste de Europa, e intervéuselles un vehículo estacionado na mesma rúa, do cal portaban as chaves.

ÚLTIMAS

Arredor dun milleiro de manifestantes impiden a celebración dun acto de Vox en Compostela

Arredor dun millar de persoas concentráronse na tarde deste luns ante o Centro Sociocultural...

O novo bus urbano de Santiago reforzará o Polígono do Tambre e incorporará servizos nocturnos antes de final de ano

O novo servizo de autobús urbano de Santiago de Compostela prevé comezar a funcionar...

Erguer leva o estado de San Clemente ao centro da crise da vivenda estudantil

O recente desprendemento dunha parte da cornixa e da cuberta dun balcón do Colexio...

Artistas galegos comprometid@s con Palestina: The Rapants, Laura Lamontagne, O Xoán e Caamaño&Ameixeiras no AmalxGaza

A Fundación Araguaney e o Festival Amal organizarán o vindeiro 8 de outubro na...

O novo bus urbano de Santiago reforzará o Polígono do Tambre e incorporará servizos nocturnos antes de final de ano

O novo servizo de autobús urbano de Santiago de Compostela prevé comezar a funcionar...

A Policía propón para sanción o dono dun local de Santiago por permitir o consumo de drogas no interior

O propietario dun establecemento de Santiago de Compostela foi proposto para sanción por permitir...

Santiago proba co rural as novas liñas alimentadoras que conectarán as parroquias coa rede de autobuses

O Concello de Santiago iniciou esta semana as viaxes de demostración das futuras liñas...