InicioSANTIAGOA taxa turística recadou 1,75 millóns de euros nos primeiros nove meses...

A taxa turística recadou 1,75 millóns de euros nos primeiros nove meses tras a súa entrada en vigor

A concelleira de Turismo, Míriam Louzao, presentou a "marca" que usará o ente local para usar nas accións financiadas co imposto ás estancias turísticas e que toma a forma dunha maleta.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago recadou un total de 1.759.452,21 euros a través da chamada taxa turística tras a súa entrada en vigor en outubro de 2025, segundo revelou a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, que este mércores presentou a “marca” que usará o ente local para usar nas accións financiadas co imposto ás estancias turísticas e que toma a forma dunha maleta.

En concreto, no primeiro período, que abarca entre o 1 de outubro e o 31 de decembro, recadouse un total de 617.636,25 euros; e, no primeiro semestre de 2026, 1.141.816,46 euros. Para Louzao, estas cifras dan unha idea “máis próxima á realidade” de como o imposto pode repercutir nas arcas municipais, aínda que cabe ter en conta que o aeroporto estivo pechado en maio e que aínda falta sumar o tres meses “máis potentes”.

Destas formas, estas cantidades, que se recadan semestralmente, serán as que figurarán nas contas municipais deste ano. A previsión inicial era recadar ao redor de tres millóns de euros, xa que se contaba cos ingresos do que resta de ano. Finalmente, non será así por un “cambio de criterio”, de modo que o que figurará como ingresado en 2026 serán as autoliquidacións realizadas este ano: a de xaneiro, correspondente ao último tramo de 2025, e a de xullo, vinculada ao primeiro semestre de 2026.

As cantidades recadadas ata agora foron destinadas a programas como os Xogos do Eixo Atlántico, cun gasto de 400.000 euros; ao ‘videomapping’ da festa do Apóstolo, ao que se destinaron 100.000 euros, e o encontro Sabor a Novo, cun custo de 16.000 euros. Todas elas son propostas realizadas no mes de xullo co propósito de contar unha “maior oferta” para quen visita a cidade e “reforzar” as estancias dese mes, no que o sector hoteleiro adoita localizar unha “leve caída” das visitas. Á súa vez, tiñan o fin de “mellorar a vida das persoas que viven en Compostela”, que puideron participar en todos estes eventos.

Tamén se destinou parte do recadado ás campañas de comunicación e de mercadotecnia que o Concello está a facer nos lugares onde hai conectividade aérea desde a terminal de Lavacolla. De feito, a responsable local lembrou que, se non fóra polo imposto, “non se podería ter mantido a cantidade que se destinaba” a iso.

PRÓXIMOS DESTINO DOS FONDOS

Nesta ocasión, o destino da recadación foi escollido de forma “excepcional” polo Concello ao tratarse dun “ano atípico”, posto que era o primeiro. Ata o mes pasado non se constituíu o Foro de Turismo Sustentable e, en setembro, reunirase por primeira vez a comisión permanente. Este órgano encargarase de debater o destino dos fondos. Na reunión de setembro, o goberno local dará conta, entre outras cuestións, dos programas e actuacións que se realizaron ou realizarán con cargo á recadación do imposto e do traballo que Turismo de Santiago está a facer para mellorar a conectividade aérea do Rosalía de Castro.

PRESENTACIÓN DA MARCA

Ademais, a concelleira de Turismo aproveitou a súa comparecencia para presentar oficialmente a “marca” asociada, elaborada pola axencia Somos 100×100 e que xa foi utilizada para identificar as actividades realizadas ata agora. Segundo describiuna, trátase dunha imaxe “sinxela” e cun texto que identifica “claramente” a que corresponde. “Financiado co imposto de estadías turísticas”, di. Este deseño toma “simbólicamente” a forma dunha maleta, xa que se trata dun elemento que se asocia “tanto coa idea de viaxe como coa idea de pasa a noite e, por tanto, coa idea de estancia turística”, resumiu Louzao.

ÚLTIMAS

Verea pide que Raxoi sexa un espazo de diálogo ante o conflito polos fondos de vivenda

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, defendeu o diálogo entre administracións no...

O Concello inclúe no rexistro de inmobles a rehabilitar un edificio en ruínas da Caramoniña e deberá sacalo a poxa

O Concello de Santiago incorporou ao Rexistro municipal de soares e edificacións que cómpre...

O PSOE levará ao Pleno unha proposta para reformar as axudas ás asociacións veciñais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

Santiago e A Coruña crean un grupo de traballo para coordinar as súas políticas nas zonas de mercado tensionado

As alcaldesas de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, e da Coruña, Inés Rey, acordaron...

Santiago proba co rural as novas liñas alimentadoras que conectarán as parroquias coa rede de autobuses

O Concello de Santiago iniciou esta semana as viaxes de demostración das futuras liñas...

O CiMUS liderará dende Santiago unha rede europea para investigar o papel do ‘splicing’ nas enfermidades humanas

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da Universidade de...

Tomás Sobrino incorpórase a Galzheimer Care para reforzar a investigación sobre o Alzheimer

O investigador Tomás Sobrino, director do Grupo de Neuroenvellecemento do Laboratorio de Investigación en...