InicioSOCIEDADEUn caso psiquiátrico en Santiago senta precendente no Constitucional: fixa garantías nos...

Un caso psiquiátrico en Santiago senta precendente no Constitucional: fixa garantías nos internamentos non voluntarios por saúde mental

Considera que un xulgado compostelán "vulnerou" o dereito á liberdade persoal dun home ingresado forzosamente en psiquiatría

Publicado o

Xornal de Compostela

O Tribunal Constitucional (TC) fixou “a obriga” de informar nos casos de internamentos urxentes non voluntarios por saúde mental a “achegados ou persoas que veñan prestando apoio formal ou informal á persoa afectada” sobre “a súa situación material e procesual e dos dereitos que lle asisten”.

Así o comunicou a corte de garantías a través dunha nota de prensa, na que sinala que o Tribunal considera por unanimidade que un xulgado de Santiago “vulnerou” o dereito á liberdade persoal dun home que ingresou de xeito non voluntario nun servizo de psiquiatría hospitalaria por motivos de saúde mental, “e a quen a Xustiza non atendeu de forma eficaz á hora de ratificar o seu ingreso”.

A sentenza, cuxa relatora foi a maxistrada María Luisa Segoviano, razoa que “a obriga establecida legalmente de facilitar información á persoa afectada por este procedemento sobre a súa situación material e procesual e dos dereitos que lle asisten, incluído o dereito á designación dos profesionais que lle asesoren e representen, debe facerse realizando as adaptacións e os axustes necesarios para posibilitar a súa comprensión”.

“Eses axustes inclúen, de ser o caso, a intervención de terceiros, coa obriga de trasladar esa información aos seus achegados ou persoas que veñan prestando apoio formal ou informal á persoa afectada polo internamento”, argumenta. Neste caso, o TC sinala que “se incumpriu esa obriga, xa que os órganos xudiciais tiñan á súa disposición elementos relevantes sobre a existencia dunha irmá activamente interesada na protección dos dereitos do demandante, que debía ter sido oída”.

E é que o tribunal recolle que no procedemento se designou a Fiscalía “para que desenvolvese a súa asistencia xurídica ao valorarse que non estaba en condicións de entender a información que se lle estaba facilitando sobre o seu dereito a designar profesionais que lle asistisen e representasen”. A súa actuación durante o procedemento consistiu “na emisión dun informe final sobre a procedencia da ratificación do internamento”.

En canto a este extremo, a sentenza establece que, nos casos en que o Ministerio Público defenda a persoa afectada, “os órganos xudiciais teñen a obriga, non só de posibilitar que exerza esa defensa en plenitude de facultades senón, ademais, de supervisar e tutelar a súa efectividade”. Do mesmo xeito, o TC conclúe que neste caso “se incumpriu esa obriga, xa que a actuación do Ministerio Fiscal consistiu na emisión dun informe final sobre a procedencia da ratificación do internamento, pero non interveu no acto de audiencia do demandante nin mantivo ningunha reunión con el”.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...

O helicóptero do 061 con base en Santiago permanece inoperativo dende o venres por un problema de documentación

O helicóptero medicalizado do 061 con base en Santiago leva sen operar dende o...