InicioECONOMÍACríticas dos autónomos a Sanmartín pola "ausencia" de políticas de emprendimento

Críticas dos autónomos a Sanmartín pola “ausencia” de políticas de emprendimento

Publicado o

Xornal de Compostela

A Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos (UPTA) de Compostela criticou a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, polo “deterioro” e a “necesaria reconversión” do casco histórico da cidade, ademais da “ausencia” de políticas de emprendemento.

Nun comunicado, os autónomos santiagueses consideraron que o balance realizado pola rexedora sobre a xestión municipal ofrece unha visión “allea” á realidade que viven cada día os autónomos na cidade. Para a organización, os principais problemas da capital galega “seguen sen abordarse coa profundidade e a determinación que requiren”.

“Os autónomos composteláns continúan desenvolvendo a súa actividade nunha cidade que presenta importantes deficiencias en materia de limpeza e mantemento urbano. A imaxe de numerosas rúas, tanto do casco histórico como doutras zonas da cidade, dista moito da que debería ofrecer unha capital de referencia internacional como Santiago”, lamentaron. Tras insistir no “progresivo deterioro” do casco histórico, UPTA Compostela considera que chegou o momento de impulsar unha auténtica estratexia de reconversión da zona monumental. “Santiago recibe cada ano centos de miles de visitantes e o casco histórico debe ser a mellor carta de presentación da cidade”, engadiron.

A organización tamén bota en falta unha política municipal decidida de apoio ao emprendemento. “Santiago precisa facilitar a creación de novas empresas, atraer talento, reducir as trabas administrativas e poñer en marcha incentivos que favorezan o investimento, a innovación e a xeración de emprego. O emprendemento debe ocupar un lugar prioritario na axenda municipal se a cidade quere consolidar un modelo económico competitivo e sustentable”, subliñan.

“A realidade é teimuda. Santiago continúa perdendo traballadores autónomos mentres outras cidades avanzan. Non se pode gobernar de costas ao colectivo que constitúe o principal eixo da economía santiaguesa. Desde UPTA Compostela levamos meses reclamando a posta en marcha dun Plan Director que marque unha verdadeira planificación para o futuro da cidade, consensuada cos axentes económicos e sociais. Seguimos agardando unha resposta”, reivindicou Eduardo Abad, presidente de UPTA Compostela.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

O sector asegurador reúne en Santiago a 400 profesionais para abordar os retos da dixitalización e da substitución xeracional

Compostela acolleu este xoves o XII Encontro Asegurador Galego, unha cita que reuniu arredor...

A mocidade de Santiago propón novos espazos de lecer e melloras na mobilidade e na comunicación

O Consello Municipal de Mocidade de Santiago de Compostela reuniuse este xoves para estudar...

Condenados a máis de 4 anos de prisión por prender lume a unha discoteca de Santiago con 200 persoas dentro por non deixalos entrar

O que comezou como unha negativa a permitir a entrada nun local de ocio...