InicioM. AMBIENTE E PATRIMONIOO CHUS porá en funcionamento un novo edificio de 5.300 m2 antes...

O CHUS porá en funcionamento un novo edificio de 5.300 m2 antes de fin de ano

O denominado edificio 'C' albergará unha nova área de reprodución in vitro, unha unidade específica de mama, hospital de día, otorrinolaringología, unidade da dor e servizos de anestesia, ademais dunha área de logopedia e espazos de uso polivalente segundo as necesidades.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago porá en funcionamento antes de que termine o ano un novo edificio de cinco plantas e 5.300 metros cadrados, no que se investirán en total uns 22 millóns de euros.

Así o destacou este xoves o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, nunha visita na que estivo acompañado pola titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, quen resaltou que se trata dun edificio “illado pero conectado” e no que se empregaron técnicas industrializadas.

En concreto, o denominado edificio ‘C’ albergará unha nova área de reprodución in vitro, unha unidade específica de mama, hospital de día, otorrinolaringología, unidade da dor e servizos de anestesia, ademais dunha área de logopedia e espazos de uso polivalente segundo as necesidades.

As obras, ás que se destinaron uns 16 millóns de euros, están terminadas e quedan tan só tarefas de limpeza, probas e equipamento –a este último fin destínanse outros 6 millóns–. O obxectivo é que se poña en funcionamento antes de que acabe 2026, segundo Gómez Caamaño, aínda que “se cadra non todas as unidades”.

Nun comunicado de prensa, a consellería destaca que o novo inmoble permitirá “concentrar nun mesmo espazo todos os recursos de diferentes servizos asistenciais”. O Sergas está a licitar os expedientes de dotación de mobiliario e equipamento electromédico que precisan as novas instalacións, segundo precisa.

EDIFICIO ‘A’

Cuestionado polas actuacións no bloque ‘A’, o conselleiro sinalou que, nese caso, está “a empezarse a traballar na redacción do proxecto”. Entre outras cuestións, o responsable de Sanidade apuntou á vontade de ampliar as urxencias e que haxa “máis quirófanos”.

Na nota, Sanidade sinala que o obxectivo é dispor o próximo ano do proxecto construtivo e resalta que a nova infraestrutura contará con cinco pisos que albergarán, ademais das urxencias, novos quirófanos, endoscopias, cirurxía maior ambulatoria e laboratorios.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

Martín Pereira Fariña é elixido novo decano da Facultade de Filosofía da USC por unanimidade

A Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela contará cun novo equipo...