InicioSANTIAGOA alcaldesa destaca a Casa RIA como espazo de reflexión e encontro...

A alcaldesa destaca a Casa RIA como espazo de reflexión e encontro cultural no seu segundo aniversario

Goretti Sanmartín participou na celebración dos dous anos do proxecto impulsado pola Fundación RIA, nun acto ao que asistiron David Chipperfield, Iago Lestegás e outros representantes institucionais

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, participou este mércores no acto de celebración do segundo aniversario da Casa RIA, un proxecto vencellado á Fundación RIA que se consolidou nos últimos dous anos como un espazo de encontro, pensamento e actividade cultural na cidade.

Na celebración tamén interveu o presidente da Fundación, David Chipperfield, e asistiron o concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, así como outros integrantes da corporación municipal e diversas autoridades.

Durante a súa intervención, Sanmartín puxo o foco no valor simbólico e social dun espazo como Casa RIA. “A ninguén lle escapa que cando dicimos ‘casa’ estamos dicindo moitas cousas. Que unha casa é moito máis que o material que a conforma. Hai unha parte humana en toda casa”, sinalou a alcaldesa.

A rexedora felicitou a Fundación polos dous anos de traxectoria dun proxecto que cualificou como “proveitosos” e destacou o papel que a Casa RIA desenvolve en Santiago de Compostela como lugar de acollida, investigación, difusión cultural, lecer e reflexión pública. Segundo apuntou, trátase dun espazo que contribúe á vida urbana da cidade desde unha perspectiva aberta á participación e ao debate.

Sanmartín tamén subliñou a dimensión ambiental e educativa da iniciativa. Neste sentido, referiuse á horta propia da Casa RIA como exemplo de sustentabilidade e como ferramenta para achegar ás crianzas ao cultivo, ao produto de proximidade e á relación co territorio.

A alcaldesa enmarcou ademais o proxecto na súa contorna urbana, con referencias a espazos próximos como Virxe da Cerca ou Belvís, e reivindicou o valor do patrimonio construído e da reutilización de edificios existentes. Ao falar do inmoble que no pasado funcionou como sanatorio, defendeu que “o vello non significa obsoleto, nin desprezable nin descartable”.

ÚLTIMAS

Santiago autoriza a construción de 33 vivendas protexidas na rúa Manuel Ceruelo

O Concello de Santiago concedeu licenza á cooperativa Porto Sur para construír 33 vivendas...

O Maré traerá a Santiago a Aterciopelados, Omar Souleyman e Bia Ferreira na súa sétima edición

O festival Maré volverá a Santiago de Compostela do 23 ao 27 de setembro...

O Concello destina máis de 727.000 euros a mellorar os centros educativos durante o verán

O Concello de Santiago está a aproveitar o período sen actividade lectiva de xullo...

Ames abre as axudas de ata 1.500 euros para familias numerosas e monoparentais

O Concello de Ames mantén aberto ata o próximo 14 de setembro o prazo...

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

Santiago licita por 14,5 millóns o Servizo de Axuda no Fogar e eleva ata 270.000 as horas anuais

A Xunta de Goberno de Santiago deu luz verde ao inicio do procedemento para...

Compostela lembrará a Ánxel Casal e a Camilo Díaz Valiño no 90 aniversario dos seus asasinatos

O Concello de Santiago conmemorará o vindeiro mércores 19 de agosto o 90 aniversario...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here