InicioSANTIAGORomán Rodríguez clausura en Santiago o proxecto 'Talentos Inclusivos', no que 16...

Román Rodríguez clausura en Santiago o proxecto ‘Talentos Inclusivos’, no que 16 centros deseñaron solucións tecnolóxicas para a diversidade

O alumnado participante presentou na Cidade da Cultura iniciativas como un reloxo parlante, patucos térmicos ou sistemas de apoio para persoas con parálise cerebral

Publicado o

Xornal de Compostela

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, participou este mércores en Santiago de Compostela na clausura do proxecto ‘Talentos Inclusivos 25/26’, unha iniciativa na que tomaron parte 16 centros educativos galegos co desenvolvemento de propostas tecnolóxicas orientadas á atención á diversidade.

O acto celebrouse no Edificio Fontán da Cidade da Cultura, onde o alumnado dos centros participantes presentou os proxectos realizados ao longo do curso. Entre as solucións deseñadas figuran un brazo robótico con funcións básicas de cociña, un reloxo parlante, uns patucos térmicos, un soporte para planos ou un sistema de suxeición a cadeiras, todos eles pensados para responder a necesidades concretas formuladas por persoas con parálise cerebral.

‘Talentos Inclusivos’ é un proxecto impulsado polo Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da Universidade da Coruña, o CITIC, en colaboración con ASPACE e promovido pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. A iniciativa busca achegar o alumnado á ciencia, á tecnoloxía, á enxeñaría e ás matemáticas, ao tempo que promove o coñecemento da realidade das persoas con discapacidade.

Segundo destacou a organización, o programa pretende “espertar” vocacións vinculadas ás áreas STEM entre a mocidade e facelo a través dun traballo práctico, colaborativo e conectado con retos reais. Para iso, alumnos e alumnas de secundaria, bacharelato e Formación Profesional traballaron durante o curso en equipos para buscar solucións tecnolóxicas a necesidades propostas por usuarios e usuarias de ASPACE.

A xornada de clausura serviu tamén para poñer en común o proceso de deseño e desenvolvemento das distintas iniciativas, así como para salientar o potencial da tecnoloxía como ferramenta para a inclusión. Os proxectos foron presentados polo propio alumnado, que explicou as aplicacións prácticas das súas propostas e o camiño seguido ata chegar aos prototipos finais.

Ademais do conselleiro Román Rodríguez, no acto participou a directora xeral de Ordenación e Innovación Tecnolóxica, Judith Fernández. Tamén asistiron profesionais e usuarios de ASPACE Coruña, APAMP Vigo e Amencer-ASPACE, persoal investigador do CITIC e integrantes do equipo de voluntariado de Inditex, que acompañaron o alumnado durante as diferentes fases do proxecto.

ÚLTIMAS

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

A USC reconstrúe dixitalmente a ‘Raíña Orante’ do mestre Mateo

Un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e do Centro de Investigación...

Santiago vive un multitudinario Día de Galicia entre tradición, política e festa

Como cada 25 de xullo, Santiago de Compostela celebrou o Día Nacional de Galicia...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Santiago entrega a Alba de Compostela nun acto dedicado a “todas” as vítimas do franquismo

O Concello de Santiago entregou este 25 de xullo, por cuarto ano consecutivo, as...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...