InicioSANTIAGOA alcaldesa de Santiago e a reitora da USC activan unha mesa...

A alcaldesa de Santiago e a reitora da USC activan unha mesa de traballo conxunta para reforzar a colaboración institucional

Goretti Sanmartín e Rosa Crujeiras mantiveron a primeira reunión de traballo cos seus equipos para iniciar contactos técnicos e coordinar proxectos compartidos entre o Concello e a universidade

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, mantiveron este martes a primeira reunión de traballo conxunta cos equipos de ambas institucións co obxectivo de establecer unha dinámica de coordinación para abordar cuestións compartidas e impulsar novas liñas de colaboración.

O encontro serviu para iniciar unha etapa de contactos técnicos e coordinación entre departamentos, centrada na análise dos asuntos que afectan tanto á administración local como á universidade e na definición de retos e proxectos que poidan desenvolverse de maneira conxunta.

Na representación municipal participaron, ademais da alcaldesa, o coordinador Xosé Antón Freire; a tenente de alcaldesa María Rozas; a segunda tenente de alcaldesa Míriam Louzao; e os concelleiros Xesús Domínguez, Pilar Lueiro e Iago Lestegás, responsables de áreas vinculadas a servizos sociais, promoción económica, cultura, turismo, educación, medio ambiente, deportes, rural, urbanismo ou vivenda, entre outras competencias.

Pola súa parte, a USC estivo representada, xunto á reitora, polos vicerreitores Lorena Añón, Pablo Durán, Ana Cabanas Iglesias e Marcelo Maneiro, ademais do xerente da institución académica, Juan Díaz Villoslada, e do xefe de gabinete, Emilio Martínez.

A reunión dá continuidade ao primeiro contacto institucional entre ambas responsables, celebrado a comezos de maio no Concello compostelán tras o recente nomeamento de Rosa Crujeiras á fronte da universidade. Naquela visita institucional, a reitora asinara no Libro de Honra acompañada por integrantes da corporación municipal.

Naquel encontro inicial, Concello e universidade xa coincidiran na necesidade de consolidar a cooperación desenvolvida nos últimos anos e abrir novas vías de traballo compartido.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

‘O Encontro’ levará á Alameda unha xornada para achegar a democracia á mocidade galega

A Alameda de Santiago de Compostela converterase o sábado 12 de setembro nun espazo...

Seis policías auxilian en Santiago unha muller gravemente ferida tras unha agresión da súa parella

Seis axentes da Policía Nacional auxiliaron nunha vivenda do centro de Santiago unha muller...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here