InicioSANTIAGOO concelleiro Iago Lestegás participa nun taller sobre proxectos urbanísticos na cidade...

O concelleiro Iago Lestegás participa nun taller sobre proxectos urbanísticos na cidade nunha escola de arquitectura catalá

O edil Iago Lestegás comparte observacións con nove equipos de estudantes da Universidade Rovira i Virgili de Reus que traballan sobre seis ámbitos composteláns

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Urbanismo e Vivenda, Iago Lestegás, desprazouse esta semana ata Reus para tomar parte nun taller organizado pola Escola de Arquitectura da Universidade Rovira i Virgili, onde estudantes de cuarto curso da materia de Proxectos e Urbanismo están a desenvolver traballos sobre distintas áreas da capital galega.

A sesión, que se estendeu ao longo de cinco horas e contou coa presenza de catro profesores da institución académica catalá, permitiu ao edil achegarse aos proxectos elaborados polo alumnado e trasladar suxestións e valoracións sobre os mesmos. “Foi unha sesión moi interesante en que os nove equipos de estudantes presentaron cadanseus proxectos sobre diferentes ámbitos da cidade que deben ser obxecto de reflexión arquitectónica e urbanística”, declarou Lestegás ao seu regreso a Santiago.

En total, nove equipos de traballo están a analizar seis localizacións concretas do municipio: a explanada de Salgueiriños, a canle do rego do Corgo, a avenida do Restollal, os núcleos rurais de Combarro e Angrois e o borde occidental da avenida de Romero Donallo. Entre os enfoques que comparten varios deses proxectos destaca a redución da presenza do vehículo privado en vías consideradas sobredimensionadas, como as avenidas de Romero Donallo, Cruceiro da Coruña e Restollal. Distintos grupos comparten ademais propostas orientadas á renaturalización de espazos fluviais, ao impulso do comercio de proximidade e á dotación de espazos públicos e equipamentos de calidade para a cidadanía.

Esta visita á escola catalá é a terceira ocasión na que Lestegás participa como convidado nunha institución dedicada á formación en arquitectura con interese polo urbanismo compostelán. A primeira tivo lugar en outubro de 2024, cando o concelleiro expuxo ante estudantes de quinto curso de Urbanismo da Escola de Arquitectura da Universidade de Florencia o modelo de cidade compacta, verde e equitativa que o Concello de Santiago trata de impulsar. A segunda produciuse o pasado 22 de abril, cando acudiu á Escola de Arquitectura da Coruña para participar na materia ‘Actuacións Urbanísticas Contemporáneas’ e abordar co alumnado as estratexias municipais para contrarrestar, mediante ferramentas urbanísticas, os efectos do turismo sobre a vivenda e o tecido comercial da cidade.

ÚLTIMAS

Unha nova investigación descifra a ‘Odisea’ agochada na Catedral de Santiago

Unha nova investigación de Francisco Prado-Vilar, profesor da USC e investigador do CISPAC, propón...

Verea ameaza con bloquear as novas tarifas de autobús se eliminan a gratuidade para o xubilados

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, advertiu este mércores de que...

Pedro Blanco reclama a comparecencia de Goretti Sanmartín no Pleno polo caso de Fly2Galicia

O candidato socialista á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, anunciou que o Grupo Municipal...

Muíños advirte de que o desvío de autobuses cara a San Roque pode provocar retencións coa volta ao cole

O concelleiro non adscrito de Santiago, Gonzalo Muíños, advertiu das posibles consecuencias que, ao...

Santiago multiplica por sete a achega a AGADEA e destina 21.150 euros a programas para maiores

O Concello de Santiago incrementará este ano ata os 21.150 euros a subvención nominativa...

O Concello destina parte da taxa turística a renovar o firme de Doutor Teixeiro e outras dúas rúas

O Concello de Santiago está a completar a renovación do pavimento das rúas Doutor...

O centro de saúde de Conxo retomará o luns a atención nas instalacións reformadas

A Xunta puxo en marcha este venres o traslado da tecnoloxía clínica e do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here